Skip to Content

Curso Escolar

HORARIO MES DE XULLO: DE 9:00 A 14:00 HORAS

 

Vista xeral do centro

Saída á Illa de Cortegada do alumnado de infantil

O pasado 13 de xuño o alumnado de eduación infantil fixo unha saída ata a Illa de Cortegada, onde gozou dunha xornada na que, entre outras actividades, realizaron unha pequena viaxe en barco para poder chegar a ela.

Facendo clic na imaxe inferior accédese ás fotos da xornada

 

Alumnado de infantil na Illa de Cortegada

INFANTIL SAÍDAS EDUCATIVAS

 

O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO visitou a Illa de Ons

O mércores 12 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO viaxaron a Illa de Ons, incluída no Parque Natural Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Alí descubriron un espazo natural altamente protexido.

Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe.

Alumnado na Illa das Ons

A seguinte foto é con Palmira, 76 anos, a cociñeira que nos deu de comer en Casa Acuña, e mellor pulpeira de Galicia!

Foto do alumnado con Palmira: a mellor pulpeira de Galicia

Foto da placa acreditativa do nomeamento de Palmira como mellor pulpeira de Galicia

EXCURSIÓNS

 

Viaxe de fin de etapa a Tenerife do alumnado de 4º da ESO

O alumnado de 4º da ESO está a gozar dunha excursión a Tenerife con motivo do fin da súa etapa educativa no CPI Pecalama.

Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe, que se irán actualizando continuamente

Alumnado de 4º da ESO en Tenerife

EXCURSIÓNS

 

Saída do alumnado de infantil a Pedralonga

O venres 7 de xuño o alumnado de eduación infantil realizou unha saída a coñecer a contorna do centro, acudindo á área recreativa de Pedralonga. Gozaron dun marabilloso día e descubriron o encanto deste lugar coas súas grandes pedras graníticas .

Facendo clic na imaxe inferior accédese ás fotos da xornada

 

Alumnado de infantil en Pedralonga

INFANTIL SAÍDAS EDUCATIVAS

 

O alumnado de infantil no Ecomuseo de Buño

O martes 4 de xuño o alumnado de eduación infantil acudiu ao Ecomuseo Forno do Forte de Buño, onde tiveron unha visión da vida tradicional e a oportunidade de elaborar unha peza de barro.

Facendo clic na imaxe inferior accédese ás fotos da xornada

 

Alumnado de infantil no Ecomuseo de Buño

INFANTIL SAÍDAS EDUCATIVAS

 

Visita a Camelle do alumnado de infantil

O luns 27 de maio o alumnado de eduación infantil acudiu ao centro de actividades ambientais de Mar de Fábula de Camelle.

Alí, limparon a praia, clasificaron o lixo mariño e fixeron un obradoiro de reutilización e reciclaxe artístico. Ademais, visualizaron o corto Fábula das Criaturas Caóticas, feito polo alumnado da Escola de Imaxe e Son da Coruña.

Picade na imaxe para ver o marabilloso día do que gozaron

 

Alumnado de infantil na praia de Camelle

INFANTIL SAÍDAS EDUCATIVAS

 

Saída á Illa de San Simón e a Cangas do alumnado do Club de lectura

O xoves 23 de maio o alumnado do Club de lectura realizou unha saída á Illa de San Simón e a Cangas.

Picade nalgunha das imaxes para ver as fotos do día

 

Panorámica dende a Illa co alumnado atendendo ás explicacións da guía

Panorámica dende a Illa co alumnado atendendo ás explicacións da guía

BIBLIOTECA CLUB DE LECTURA

 

Dia das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, realizaouse unha exposición sobre a vida e obra de Luísa Villalta, escritora homenaxeada este ano. Ademais, o alumnado da ESO creou caligramas a partir de distintos poemas da autora coruñesa. Estes traballos expuxéronse na biblioteca.

Picade en calquera imaxe para vela en grande

 

Cartel co poema As Chaves do tempo Imaxe dos carteis sobre a vida e obra de Luísa Villalta

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Actuación do contacontos Caxoto

O martes 14 de maio, o alumnado do centro, gozou da actuación do contacontos Caxoto. Velaquí tedes algunha fotos.

Foto do alumnado de secundaria durante a actuación do contacontos Caxoto Foto do alumnado de infantil e primaria durante a actuación do contacontos Caxoto

BIBLIOTECA

 

IV Concurso de Poesía do CPI Pecalama

O luns 13 de maio, no recreo, entregáronse os premios do IV Concurso de Poesía do CPI Pecalama. Lucía Tasende Castro (4º ESO) e Tomás Seoane Liñares (3º ESO) foron os encargados de dar a coñecer os títulos das composicións premiadas polo xurado.

Xiana Oreiro Lamas (1º ESO) foi a gañadora na modalidade de poesía en lingua galega e Aroa Rodríguez Iglesias (4º ESO) foi a vencedora na modalidade de composición lírica en lingua castelá.

PARABÉNS!

 

Cartel do IV Concurso de Poesía do CPI Pecalama Fotografía das gañadoras no IV Concurso de Poesía do CPI Pecalama

BIBLIOTECA

 

Alumnado de Infantil, 5º e 6º de Primaria en FervenzAventura

O alumnado de Educación Infantil, acompañado polo de 5º e 6º de Primaria, acudiron a FervenzAventura.

Picade en calquera das fotos para acceder ás imaxes da xornada.

INFANTIL PRIMARIA SAÍDAS EDUCATIVAS

 

2 de maio - Día internacional contra o acoso escolar

O 2 de maio celébrase o Día internacional contra a violencia e o acoso escolar, e o CPI Pecalama traballa para concienciar ao alumnado sobre esta problemática e como previla.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Cartel do día do cómic

Alumnado de secundaria colocando os carteis contra o acoso escolar Alumnado de secundaria colocando os carteis contra o acoso escolar

BIBLIOTECA

 

Ascenso a Primeira Autonómica cadete

Despois dunha vitoria sobre o SD Villestro B, e a falta de dúas xornadas para o remate da competición ligueira, os cadetes da Escola Deportiva O Dolmen de Tordoia, acadou o ascenso a Primeira Autonómica.

NORABOA CAMPIÓNS!!!

DEPORTISTAS

 

Excursión de1º e 3º da ESO a Barcelona

O alumnado de 1º e 3º da ESO está en Barcelona, gozando dunha magnífica excursión e experiencia cos compañeiros/as.

Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe.

Imaxe do alumnado e profesorado asistente á excursión a Barcelona Imaxe do alumnado asistente á excursión a Barcelona

EXCURSIÓNS

 

Dia do libro 2024

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

No CPI Pecalama xa estamos a conmemorar este día con recomendacións, por parte do alumnado, de diversos libros para poder gozar da lectura.

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Charla de Héctor Cajaraville

O xoves 11 de abril, e encadrada nos actos pola celebración do Dia do Libro, acuidiu ao centro o escritor Héctor Cajaraville, onde impartiu unha charla ao alumnado da ESO, asinando tamén os libros que estes posúen deste estupendo autor.

Facede clic na imaxe para ver imaxes do acto

Héctor Cajaraville durante a charla

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Excursión de 2º da ESO a Barcelona

O alumnado de 2º da ESO está a gozar dunha excursión cultural á cidade de Barcelona. Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe.

 

Imaxe do alumnado e profesorado asistente á excursión diante da Sagrada Familia

E a continuación, un vídeo resumo do que foi esta fantástica excursión.

EXCURSIÓNS

 

Preparación da visita do escritor Héctor Cajaraville

O CPI Pecalama empeza xa a festexar o día do libro 2024 coa visita e charla do autor Héctor Cajaraville.

Picade en calquera imaxe para vela en grande

 

Cartel do día do libro Imaxe do cartel do día do libro

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Terceiro posto na I fase provincial de ximnasia rítmica

Este sábado 6 de abril, celebrouse en Santiago a I Fase Provincial de Ximnasia Rítmica nivel Promoción, categoría alevín, onde Lúa e Mencía, xunto co resto do seu equipo, obtiveron un espectacular terceiro posto.

Noraboa polo resultado e o esforzo, e moito ánimo para as seguintes competicións

DEPORTISTAS

 

21 de marzo - Día da Poesía

Con motivo da conmemoración do Día da Poesía o 21 de marzo, o alumnado da ESO buscou e leu diversas composicións.

Picade en calquera imaxe para acceder ás fotos da xornada

 

Mostra das poesías aportadas polo alumnado

Alumnado de 1º da ESO Alumnado de 2º da ESO
Alumnado de 3º da ESO Alumnado de 4º da ESO

BIBLIOTECA

 

Visita do alumnado da ESO a Sogama

O venres 22 de marzo, o alumnado da ESO acudiu ás instalacións de SOGAMA, onde realizaron un percorrido polas mesmas e participaron en diversas actividades relacionadas coa reciclaxe e cos procesos que alí desenvolven. Ademais, asistiron a unha charla formativa sobre a economía circular, a adopción de boas prácticas en relación á separación de residuos e de sensibilización sobre o consumo responsable.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Alumnado asistente á visita a SOGAMA Alumnado asistente á visita a SOGAMA
Imaxe dunha das diapositivas da charla formativa Imaxe dunha das diapositivas da charla formativa

SAÍDAS EDUCATIVAS

 

Recepción do alcalde ao alumnado de 4º da ESO

O martes 19 de marzo o alcalde de Tordoia, D. Antonio Pereiro Liñares, recibiu ao alumnado de 4º da ESO no Salón de Plenos do concello, para interesarse polo seu futuro e anunciarlles a axuda económica coa que o consistorio contribuirá para a excursión de fin de curso.

Os alumnos e alumnas de 4º, así como o centro, agradecen a colaboración para a saída que porá fin aos seus estudos no CPI Pecalama.

Taboleiro dedicado a Rosalía de Castro na biblioteca

EXCURSIÓNS

 

17 de marzo - Día do Cómic

Adquisición de numerosos títulos e novo espazo exclusivo para eles na biblioteca de Infantil e Primaria e tamén na de Secundaria.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Cartel do día do cómic

Cartel do día do cómic

Foto do espazo para os cómics na biblioteca de Infantil e Primaria Foto do expositor de novidades no corredor do edificio de Infantil e Primaria

BIBLIOTECA

 

Celebración do 8M no CPI Pecalama

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller" o 8 de marzo, o alumnado do centro elaborou un mural sobre as mulleres importantes na súa vida. Ademais, na biblioteca de infantil e primaria e na de secundaria, houbo unha exposición de libros relacionados con esta temática. 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do alumnado confeccionando o mural e a exposición de libros

BIBLIOTECA CONMEMORACIÓNS

 

Taller de hixiene bucodental

A clínica Bucoexpert impartiu un obradoiro sobre Hixiene bucodental no centro a todo o alumnado, obsequiándoos cun cepillo e pasta de dentes. 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do obradoiro

Foto do folleto informativo Alumnado de infantil no obradoiro

 

23F- Día de Rosalía

Con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o alumnado de secundaria realizou diversas actividades e exposicións que se poden ver ao facer clic na seguinte imaxe.

Taboleiro dedicado a Rosalía de Castro na biblioteca

BIBLIOTECA

 

Contacontos para o alumnado de Educación Infantil

O venrtes 23 de febreiro acudiu ao centro unha contacontos para narrar a fermosa historia de "A marabillosa viaxe de Ping Pingona". Esta actividade foi ofertada pola Deputación da Coruña e xestionada a través do Concello de Tordoia, ao cal agradecemos a súa disposición

Facede clic na imaxe para ver as fotos da actividade

Alumnado de infantil coa contacontos

DINAMIZACIÓN

 

11F - Día da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, xornada establecida pola Asemblea Xeral da ONU en 2016 co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Dende o CPI Pecalama sumámonos á conmemoración deste día visibilizando e dando a coñecer o papel das mulleres na ciencia.

Facede clic na imaxe para ver as fotos da exposición e do alumando colaborador

Carteis expostos na entrada do centro

BIBLIOTECA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut