Skip to Content

NOVAS DE INTERESE

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos realizarase próximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral integrada por:

  • A directora do Centro.
  • Un profesor ou profesora.
  • Un pai ou nai, titor/a legal e un acolledorou acolledora.
  • Un representante de PAS.
  • Un representante do alumnado de ESO

Os catro últimos serán designados por sorteo. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase na biblioteca de secundaria o próximo día 18 de outubro, venres, ás 12:10 h. O resultado de dito sorteo notificarase persoalmente ás persoas escollidas e na notificación convocaráselles para o acto de constitución da mencionada Xunta Electoral.



page | by Dr. Radut