Skip to Content


 

Radio Mende

RADIO MENDE 2ª EMISIÓN CURSO 22-23: CONXURO E RELATOS DE TERROR

Hoxe achegamos a segunda emisión deste curso, co gallo da celebración do Samaín, nesta emisión participou alumnado de 5º E. Primaria co seu Conxuro para a apócema de Samín e nos relatos,  Melisa, Clara e Valeria de 5º de E. Primaria e Álvar e Martiño de 6º de E. Primaria.

RADIO MENDE 1ª EMISIÓN CURSO 2022-23

E chegou o día de poñer en marcha a nosa Radio, hoxe 1ª emisión Radio Mende. 

Coa ppresentación do curso, realizada por Melisa, Clara e Valeria de 5º de E.Primaria e voces de Antón, Mateo e Candela de 3º de E. Primaria e a presentación do Programa de Samaín por Antón e Clara de 5º de E. Primaria.

RADIO MENDE: DESPEDIDA CURSO 2021-2022

Onte á primeira hora, antes da festa Fin de Curso, realizouse a derradeira emisión de Radio Mende como despedida do curso 201-2022, na que o Equipo de Radio realizou unha entrevista a un dos seus futuros profesores e tamén nos agasallaron cantando.

Parabéns e moitas grazas!! O vindeiro curso moito máis!!

 

PREMIO I CONCURSO PODCASTS LA REGIÓN-RIBEIRA SACRA PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Este venres o alumnado de 4º de E. Primaria recolleu o seu premio de Podcast gañador na modalidade de Primaria, no I Concurso de Podcast convocado polo xornal La Región coa temática, "Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade". A primeira hora da mañá saíron en autobús cara o Mosteiro de Santa Cristina de Parada de Sil onde lles foi entregado o Diploma de gañadores da man das distintas autoridades, aos que, dirixidos pola súa titora, agasallaron cunha canción en defensa pola Ribeira Sacra e a lingua do "barallete". Logo foron ata Loureiro onde realizaron unha viaxe en catamarán polo Río Sil, ao remate disfrutaron dun pícnic en Luintra e xogos a cargo dos monitores para, xa pola tarde, regresar ao centro. 

Grazas tanto aos mestres que os acompañeron coma ás nais, que, coma sempre, colaboran e  participan nas actividades propostas. Parabéns a todos por un traballo ben feito e merecente de premio.

A continuación unha mostra resumo. 

RECOLLIDA PREMIO de Entre estrellas que iluminan

20ª, 21ª E 22ª EMISIÓNS RADIO MENDE: LECTURAS DO "INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA"

Esta semana, co gallo da celebración da Semana do Libro, dende Radio Mende tres grupos do alumnado da ESO realizaron a lectura do libro adaptado "El Ingenioso Hidalgo Don Quijoe de la Mancha", un cápitulo por día.

A continuación unha pequena mostra desta actividade e os arquivos adxuntos coas gravacións das tres emisións, por se alguén non puido escoitalas en directo.

Moitas grazas e Parabéns a este grupo do alumnado da ESO pola súa colaboración.

LECTURAS DEL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA de Entre estrellas que iluminan

17ª, 18ª e 19ª EMISIÓN DE RADIO MENDE: Información sobre Florencio Delgado Gurriarán e Poemas 8, 9 e 10

Hoxe deixamos aquí, por se alguén non puido escoitar en directo ou quere repetir audición, as emisións desta semana cos últimos datos da biografía do autor Florencio Delgado Gurriarán. Ademais dun vídeo coa evolución deste equipo de Radio Mende que non deixa de avanzar e innovar en cada nova emisión. Parabéns e a seguir aprendendo e avanzando.

Premer nos arquivos para escoitar.

equipo radio mende avanzando de Entre estrellas que iluminan

15ª e 16ª EMISIÓNS RADIO MENDE: Información e Poemas 6º e 7º de Florencio Delgado Gurriarán

E continúa o grupo da Radio con máis información e poemas do autor das Letras Galegas deste curso. Hoxe dúas novas emisións, a de onte luns, 28 de marzo, e a correspondente á emisión de hoxe.

14ª E 15ª EMISIÓNS DE RADIO MENDE: Información e Poemas 4º e 5º de Florencio Delgado Gurriarán

Despois da emisión especial das celebracións do luns, o alumnado de 6º de E. Primaria continúa coa súa investigación sobre o autor das Letras Galegas e a lectura dos seus Poemas.

Hoxe quedan aquí os programas emitidos o martes e mércores, premer nos arquivos adxuntos para volver escoitar.

13ª EMISIÓN RADIO MENDE: 21 de marzo día da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, é unha data moi especial porque co cambio de estación, comeza a Primavera e con ela celébrase o día dos Bosques, a Sindrome de Down, a eliminación da Discriminación Racial e a Poesía, entre os máis relevantes. 

Esta emisión especial está dedicada á Poesía, porque un grupo do alumnado da ESO fixo unha investigación sobre a súa orixe, e hoxe cóntannos. Así aprenderemos da importancia deste xénero literario, a través do cal numerosos escritores escribiron, e continúan a escribir sobre as demais conmemoración coas que hoxe comparten celebración; deste xeito atopamos Poesía que fala da Primavera, dos Bosques, de persoas especiais e sobre calquera tema que ao escritor lle provoque desexos de manifestarse escribindo. Así, hoxe tamén, o noso alumnado se convirtiu en poeta escribindo pequenos poemas que sairon voando polas fiestras cara ao patio para facer intercambio entre etapas.

21 marzo Día da Poesía de Entre estrellas que iluminan

12ª EMISIÓN RADIO MENDE: Máis información sobre Florencio Delgado Gurriarán e 3º Poema

O pasado venres, 18 de marzo, emitiuse unha nova emisión con máis novas sobre Florencio Delgado Gurriarán, que un grupo do alumnado de 6º E. Primaria continúa a investigar, ademais da lectura do 3º Poema elixido da súa primeira obra, Bebedeiras, co título "Festa: Folión de Vran".

Para volver escoitar premer no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut