Skip to Content


 

Primaria

ACTIVIDADES DE SANMAGOSTO

 

Unha mostra das actividades de Sanmagosto do día 30 de outubro no colexio. Neste curso fusionouse o Samaín coas actividades do Magosto e a pócema resultou xenial.

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística foi o que coordinou todas as actividades, sempre coa colaboración do profesorado, alumnado e membros da comunidade educativa.

Este video é unha recompilación das diferentes actividades, a ilusión e a cara de felicidade do alumnado é o noso mellor agasallo.

SAMAÍN

ALUMNADO DE 5º E 6º E. PRIMARIA ASISTIRON AO II CONGRESO FIN DE PROXECTO: "ME GUSTA MI RÍO"

Onte, xoves día 13 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria asistiu ao II Congreso fin de Proxecto "Me gusta mi río", en Fonmiñá (A Pastoriza-Lugo) no Centro de Interpretación do Alto Miño, onde presentaron os seus proxectos xunto con outros dous coles e celebraron unha xornada de convivencia con xogos e visita guiada pola lagoa de Fonmiñá, e como remate de xornada  e xa no camiño de volta aínda visitaron o museo e fortaleza do Castro de Viladonga. 

A continuación a correspondente reportaxe: 

Fin de proxecto "Me gusta mi río" de Entre estrellas que iluminan

3ª VISITA AO RÍO E OBRADOIRO DO PROXECTO "ME GUSTA MI RÍO"

A semana pasada, martes 5 e xoves 7 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria celebrou a 3ª visita ao río e logo o seu correspondente obradoiro no centro, do proxecto "Me gusta mi río", patrocinado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a cargo de Babadiva Ambiental, con Manuel e Teresa que levaron ao alumnado a descubrir todo un entorno de riqueza arredor da cunca Miño-Sil.

3ª visita ao río e obradoiro de Entre estrellas que iluminan

VISITA DO ALUMNADO Á PANADERÍA "A BOA MIGALLA" DE CEA

Onte, martes 11 de xuño, o alumado de 1º, 2º e 3º de Primaria visitaron a panadería "A Boa Migalla" en Cea, e isto foi o que fixeron:

Diseño de Entre estrellas que iluminan

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado día 9 de maio o alumnado de 6º de E. Primaria realizou un obradoiro sobre primeiros auxilios.

A continuación unha mostra desta actividade levada a cabo no centro:

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS de Entre estrellas que iluminan

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º E. PRIMARIA

Este xoves, 9 de maio, o alumnado de 1º, 2º e 3º E. Primaria realizaron a súa excursión de fin de curso á Casa do Bosque en Garabelos no concello de Chantada con Anxo Moure como guía.

 

excursión 1º 2º e 3º EP !!! de Raquel

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º E. PRIMARIA

e x c u r s i ó n de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut