Skip to Content


 

CELEBRACIÓN SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

ROSALÍA DE CASTRO de Entre estrellas que iluminan

Ademais o grupo do alumnado de 4º ESO C,  xunto cun dos seus profesores, Xulio, escenificaron, para o alumnado do centro, un anaco da verdadeira biografía de Rosalía, unha versión moi distinta da que se difundiu ata hai pouco tempo.

A verdadeira biografía de Rosalía de Entre estrellas que iluminan

FAMILIAS 4º E. PRIMARIA NA AULA

Durante o 2º trimestre as familias do alumnado de 4º de E. Primaria estiveron visitando o centro para falarlle ao resto do alumnado das súas profesións e sobre as anécdotas dos seus fillos/as. Aquí unha mostra dalgunhas xa realizadas.

Familias na escola de Pilar

SAÍDA Á AULA DA NATUREZA-ALUMNADO 4º E. P

SAÍDAS DO ALUMNADO DE 4º DE E. PRIMARIA

PATINAXE de Pilar

CELEBRACIÓNS 3ª SEMANA DE ENTROIDO

A semana comezou co Luns Corredoiro, seguiu co Xoves de Comadres e rematou o venres cun Desfile no centro que, por mor da chuvia non se puido saír pola aldea ata a pista de atletismo como se viña facendo nos últimos cursos, baixo o lema "Mendelianos ao rescate" con verdadeiros representantes e defensores comprometidos coa loita por salvar o noso entorno e o planeta. 

Grazas a toda a Comunidade Educativa pola vosa participación e colaboración.

A continuación o resumo destas celebracións:

ENTROIDO 2024 de Entre estrellas que iluminan

Luns Corredoiro e Comadres de Entre estrellas que iluminan

XORNADA DE FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVAS

O pasado luns 5 de febreiro, un membro do equipo da Biblioteca do centro asistiu na EGAP de Santiago de Compostela a unha Xornada de Formación sobre Biblioteca Creativa.

Alí, durante a xornada, asistiu á Conferencia inaugural "Debuxar con fíos" con Bea Lema, ao Obradoiro de Escornabots na biblioteca escolar con Almudena Alonso e pola tarde ao Obradoiro de creación audiovisual con María Lobo; como nos correspondía por ser centro de nova incorporación.

Moitas grazas, compañeira Rebeca, que veu con moitas ideas novas para poñer en práctica ademais do agasallo dun escornabot para a nosa Biblio.

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA de Entre estrellas que iluminan

PRESENTACIÓN PROXECTO "ME GUSTA MI RÍO"

O pasado xoves 1 de febreiro, un equipo de Babadiva Ambiental baixo o lema "En busca de la Sostenibilidad" presentaron ao alumnado de 5º e 6º de Primaria o Proxecto no que van a traballar este curso "Me gusta mi río",

Este é un proxecto de Educación ambiental impulsado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, para ensinar aos mozos a valora e cuidar os nosos ríos.

Este proxecto constará de obradoiros no centro e as súas respectivas prácticas no río, co seguinte cronograma:

Me gusta mi río de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓNS 2ª SEMANA DE ENTROIDO

A semana pasada arrancamos co noso Luns Peloteiro (o equivalente ao Domningo Oleiro), nesta celebración participou todo o alumnado do centro durante o tempo de lecer.

E continuamos entroidando co Xoves de Compadres, as rapazas fixeron o seu compadre, intentando salvalo correndo para que os rapaces non acadasen collelo e rompelo.

A continuación un resumo:

LUNS PELOTEIRO de Entre estrellas que iluminan

MANDADIÑOS DOS MECOS

O vindeiro luns arranca a semana grande do Entroido, e con ela chegan os Mandadiños, este curso con dous Mecos (Eva e Wall-e), que cada día nos irán mandando traer algún detalle reciclado para ir entroidando. Compartimos por aquí para que vaiades facendo.

Animádevos a participar e celebrar!!

 

Mandadiños dos mecos de Marta Rey

PORTAS ABERTAS

Distribuir contido


by Dr. Radut