Skip to Content


 

CHARLA DE SALVAMENTO ACUÁTICO

Na última semana de setembro e primeiros días de outubro , os alumnos/as de 4º , 5º  e 6º de E. Primaria e 1º e 2º da ESO, disfrutaron da presentación dunha actividade que leva como título : “ salvamento acuático”, actividade que está incluida dentro do programa XOGADE:

 “ Coñece o meu club”, ofertada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Trátase dun deporte de competición descoñecido para a maior parte da poboación., pero que en España posúe incluso campións do mundo. É unha das actividades físicas máis completas, xa que aos beneficios que aporta a propia natación engádenselle outras habilidades e destrezas, dentro e fora da auga.

As competicións dispútanse en piscinas e en praias.

 

Os rapaces foron partícipes tanto de actividades teóricas, como prácticas co monitor que presentou  a mencionada actividade.  Este  monitor pertence o Clube de Salvamento SALVOUR . Ofréceselle así aos alumnos/as unha alternativa de ocupación para o tempo libre.

 

O profesorado implicado na organización desta actividade son os responsables de impartir a materia de Educación Física en cada un dos grupos:

ANA ROSA, PABLO, IGNACIO.

 

Preme no gato para ver unha galería de imaxes da actividade

   



blog | by Dr. Radut