Skip to Content


 

PRIMEIRO DE ESO

PRIMEIRO TRIMESTRE

Na parte práctica:

Faremos as seguintes probas de medición do desenvolvemento físico: 30' correndo, 30" abdominais, Velocidade de desplazamento (LETWIN), Velocidade xestual (PLATE TAPPING), Forza de pernas (Detente Vertical).

Avaliaremos tamén o nivel de adquisición das seguintes habilidades: Voltereta adiante, Voltereta atrás, Equilibrio de nuca e Equilibrio de cabeza.

Na parte teórica:

Faremos un exame de coñecemento de: O Calentamento, O exercicio físico, diferenciación dos exercicios físicos en función do obxectivo.

Faremos un traballo sobre as partes do calentamento no que será fundamental a identificación dos diferentes exercicios en función da parte do calentamento na que estemos.

Visita a WEB de Educación Física no enlace que atoparás na parte alta da pantalla para máis información.

SEGUNDO TRIMESTRE

Neste segundo trimestre imos falar dos tipos de deportes: individuais, colectivos e de adversario.

Ademais practicaremos Malabares, Deportes de raqueta e Atletismo, todas elas prácticas deportivas individuais e de adversario.

A parte da práctica continuada destes deportes, debes repasar os contidos teóricos que aparecen no apartado "primeiro de Eso segunda evaluación" do blog da asignatura, e debes entregar un traballo que consiste nun debuxo da pista de atletismo onde deberás situar as diferentes modalidades deste deporte.Todala información, como sempre, no blog ao que accedes no enlace que está na parte de arriba desta mesma páxina.

Se tes algunha dúbida, non deixes de consultala co profesor.



page | by Dr. Radut