O pasado día 29 de outubro os/as alumnos/as de 3º e 4º de E.S.O. Francés disfrutaron da visita do camerunés Samuel Mountoumnjou, contacontos e mediador intercultural. Achegounos á cultura e aos costumes do continente africano a través de contos, fábulas, lendas e anécdotas. Divertímonos moito e fíxonos reflexionar sobre valores tan fundamentais e esquecidos na nosa acelerada sociedade occidental como a solidariedade, a convivencia, a igualdade e a honestidade.
11 ficheiros, último engadido a nov 04, 2019 Álbum visto 70 veces