O equipo da biblioteca deseñou unha enquisa para coñecer o grao de satisfacción das familias con respecto as actividades, organización e material do que dispón a biblioteca do noso centro. Tan só leva uns minutos, e a información servirá para coñecer e mellorar os servizos da biblioteca.
Por terceiro curso consecutivo, a Biblioteca do cole paticipa no proxecto CORRESPONDENTES XUVENÍS 3.0, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta dentro do Plan Proxecta.
A través deste proxecto os alumnos de 3ºESO fan de "corresponsales" das novas na contorna: concursos, axudas, cursiños...
Temos unha conta de Instagram e tamén un blog: premede AQUÍ para velo!
Bótadelle unha ollada porque ten información interesante, neste mes de Febreiro información sobre OS EXAMES DE ACCESO A CICLOS DE FP, PONDERACIÓN PARA A ABAU ou EXAMES PARA O TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS!
A UNESCO instaurou o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio. Nese día emisoras de todo o mundo elaboran unha programación especial para conmemoralo!
Para unirnos á celebración, quixemos participar na proposta de PONTENASONDAS de contarlle ao mundo como é a nosa emisora.
Os alumnos de 2º co seu profe Johnny gravaron un pequeno podcast moi riquiño no que nos describen a nosa RADIO RAPEIRA .
Esperamos que vos guste!!!
PREME AQUÍ PARA IR AO LINK NO BLOG DA RADIO RAPEIRA
O profe Johnny organizou dous proxectos de radio para festexar o Día da Paz 2021:
Un MANIFESTO POLA PAZ cos alumnos de 5º EP da profe Tania
e
Unha escolma de POEMAS DA PAZ cos alumnos de 3ºEP da profe Patricia.
Botádelles unha ollada!!!
Os alumnos de 6ºB do CPI Domingo Fontán fixeron un debate radiofónico no que uns defendían a festividade de Samaín e outros a de Halloween...
A verdade é que lles quedou de marabilla!!!
NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES E AOS PROFES JOHNNY E MARICARMEN QUE LLES AXUDARON!
Para escoitar o audio premede AQUÍ
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer