Eventos
Este día será unha xornada de atletismo na cidade de Pontevedra.
Iremos os nenos e nenas de 5º de Primaria, acompañados do mestre Adrián de E.F e a titora Uxía.
Neste día os alumnos de 5º, 6º de primaria e 1º, 2º da ESO pasaremos unha xornada na cidade da Coruña.
As visitas están programadas da seguinte maneira:
-11:30 Acuario (aproveitaremos para comer na cantina)
-15:00 Casa das Ciencias (Salas de Exposicións)
-16:00 Casa das Ciencias (sesión de Planetario)
O comedor do cole, como de costume encargarase de mandar bocadillos, bebida e froita para todo o que queira.
A chegada ao cole será sobre as 19:00 aproximadamente.
ATA PRÓXIMO AVISO ESTA ACTIVIDADE QUEDA APRAZADA
Este día os nenos e nenas de EI e EP ,xuntamente con EEI Nespereira e ASPAVI, pasaremos unha xornada dedicada á plantación de árbores autóctonas.
Antes de volver ao cole sobre as 13:00 h,a comunidade de montes convidaranos a uns petiscos na casa do pobo
Charlas impartidas por profesionais da Garda Civil.
1º e 2º da ESO: Acoso e ciberacoso.
3º e 4º da ESO: Violencia sobre a muller.
Os alumnos de francés farán un intercambio con franceses do 4 ao 11 de Abril.