PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO EN GALICIA 2018
PRAZO DE INSCIRCIÓN: Entre o 12 e o 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
REQUISITOS DE INSCRICIÓN: Non cumprir os requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos, ou cumprilos durante o 2018.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional
Vía web na seguinte aplicación:https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
A PROBA CONSTA DE TRES PARTES:
Parte sociolinguística |
Organízase en tres probas:
|
Parte matemática |
Organízase nunha única proba:
|
Parte científico-técnica |
Organízase en dúas probas:
|
DATAS E HORARIOS DA PROBA: terán lugar o día 31 de maio de 2018 no horario que se indica a seguir:
Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10:00 ás 13.00 horas: Parte matemática e parte sociolinguística.
Das 16.00 ás 18.00 horas: Parte científico-técnica
*Lembra acudir á proba co DNI e copia do impreso de inscrición que se realizou.
DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DOS CICLOS:
GRUPO A ESO ou equivalentes |
GRUPO B FPB e PCPI |
GRUPO C Proba de acceso/outros |
Ata o 70% |
Ata o 20% |
Ata o 10% |
QUE NOTA HAI QUE ACADAR?
Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota media das tres partes.Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada parte.
CANTAS VECES SE PODE PRESENTAR ÁS PROBAS?
Tantas veces como se desexe. Se o alumnado se presentou en convocatorias anteriores e non superou a proba pero acadou un cinco nalgunha das partes, gárdase a nota desa parte durante dous anos, polo que non se tería que examinar delas novamente.
ADAPTACIÓN DA PROBA:
Poderán solicitar a adaptación da proba as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) (ver requisitos na convocatoria)
ENLACES DE INTERESE:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer