Mellora da convivencia

On joue? Xogamos? : Saute Mouton (Pídola) et La Chaise (A silla da Raíña)

O 18 de febreiro estivemos de novo no patio para lembrar un par de xogos tradicionais: A pídola, que consiste en saltar sobre un compañeiro/a e a Silliña da Raíña, na que dúas persoas pasean a outra ó ritmo dunha cancionciña ata que a canción remata e a deixan caer... suavemente!! Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos:

Saute mouton - pídola

Saute mouton ou Pídola

A silliña da Raíña

La Chaise ou Silliña da Raíña

 

On joue? Xogamos? : Les Cerceaux - Os Aros

Pasar polo aro

Este martes 11 de febreiro o xogo que tocaba foi xogar aos Aros. Fixemos dous xogos: o primeiro consistía en facer unha roda e pasar por medio do aro cada un dos membros da roda. O segundo consistía en un xogo parecido ás sillas musicais. Mentres cantabamos unha canción dun lobo camiñabamos arredor dos aros e cando o lobo saía da cova a pillar había que refuxiarse nun aro. O/A  que quedaba sen aro era eliminado/a.

Aros musicais

On joue? Xogamos? : Jouer aux billes - Xogar ás canicas

Xogando ou Juá

O martes 4 de febreiro adicamos o recreo a divesos xogos de canicas como O Juá, O Ollo e A Quita.

O Juá consiste en meter a canica nun burato.

O Ollo en sacar as canicas das dúas esquinas dun ollo pintado no chan.

A Quita trátase de sacar unha canica do sitio.

A Quta

 

Gamificación e cooperación

Aos nenos de 1º encántalles aprender xogando. Utilizando o xogo da oca practicamos a lectura e aprendemos os números de forma cooperativa e divertida. 

Gamificación e cooperación
Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión