ciencias sociais

O Entroido.

Os alumnos de 1ºB depois de traballar coa regla numérica coas matemáticas manipulativas e os oficios dentro da área de sociais pasaron a elaborar o traxe de modistas e sastres para o desfile do Entroido xunto coa clase de 1ºA. Este foi o resultado.

Os mini submarinos.

Outro experimento sinxelo que fixemos relacionado cos medios de transporte foron os submarinos. Cunha botella de plástico branda, unha "tuerca", e uns globos de auga elaboramos os nosos mini submarinos. Se apretamos a parte de abaixo da botella de plástico o submarino baixa ao fondo, se soltamos sube!

Voando avións.

Seguimos co proxecto dos medios de transporte, esta vez relacionado coa aviación. Despois de facer moitas tarefas realcionadas fixemos un pequeno xogo-exprerimento. Estivemos a construír o noso propio avión. O de cada neno e nena era diferente. Logo os lanzamos a vez. Uns voaron moito preto de 5 metros e outros entre un metro e dous

Visita guiada a exposición de mapas de ESO

O alumnado da ESO estiveron facendo un fantástico traballo sobre os mapas de todo tipo, os nenos e nenas de 1ºA participamos na exposión guiada polo propio alumnado de secundaria. 

Visita ao Aeródromo Militar de Santiago.

O 26 de abril 1ºA e 1ºB fomos ao Aeródromo Militar de Santiago. Aproveitando que estabamos co Proxecto dos Medios de Transporte fixemos un pequeno recorrido. Saímos do centro en autobús ata a Estación de Autobuses de Noia que nos levou ata a Estación de Ferrocarril de Padrón con dirección Santiago de Compostela. De alí ata Lavacolla ao Aeródromo Militar. Utilizamos dous medios de transporte públicos e no Aeródromo entramos dentro dunha avioneta pequena, xogamos a conducila.

Estamos de volta!

Volvemos de Madrid do noso viaxe imaxinario, o medio de transporte utilizado esta vez foi o tren. A diferencia do avión descubrimos que tarda moito máis, custa menos e podemos levar máis cousas.

Mercamos un billete de avión!

Os nenos e nenas de 1º A estamos traballando no Proxecto dos medios de transporte. Unha das actividades relacionadas foi realizar unha viaxe imaxinaria. Entre todos decidimos a onde ir, por votación popular escollimos Madrid. O medio de transporte, o avión. Observamos diferentes precios entre varia compañías áereas, o peso da maleta, a hora de embarque, cómo movernos por un Aeroporto (as sinais)...

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión