Responder ó comentario
Visita ao Aeródromo Militar de Santiago.
O 26 de abril 1ºA e 1ºB fomos ao Aeródromo Militar de Santiago. Aproveitando que estabamos co Proxecto dos Medios de Transporte fixemos un pequeno recorrido. Saímos do centro en autobús ata a Estación de Autobuses de Noia que nos levou ata a Estación de Ferrocarril de Padrón con dirección Santiago de Compostela. De alí ata Lavacolla ao Aeródromo Militar. Utilizamos dous medios de transporte públicos e no Aeródromo entramos dentro dunha avioneta pequena, xogamos a conducila. Tamén estiveron presentes os bombeiros que amablemente deixaron aos nenos "conducir" o seu camión, tocar a serea, as luces, o cañón de auga...