convivencia
Acollida dos nenos e nenas de Infantil en Primaria.
Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria levan acabo varias sesións como mestres dos nenos e nenas de Educación Infantil que serán compañeiros o próximo curso escolar. Fixemos actividades de plástica, matemáticas da man da nosa máquina Manolita, xogos, grafomotricidade...
Celebramos os aniversarios!
Enviado por susana.sueiro o Xov, 03/05/2018 - 10:59Tela de araña
Enviado por susana.sueiro o Xov, 03/05/2018 - 10:40Neste curso e unha vez máis, os nenos e nenas de 4 anos estamos a traballar mediante a metodoloxía de aprendizaxe cooperativa. Na foto, estamos a facer a dinámica da tela de araña, que se basea na idea de que somos todos e todas importantes para sostela, reforzando a idea de sentimento de grupo, sendo a colaboración de cadaquen imprescindible.
![Tela de araña Tela de araña](https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/system/files/images/AC340161-1968-4B4F-9705-7F47750577F7.thumbnail.jpeg)
Proxecto pitiños
Enviado por susana.sueiro o Xov, 03/05/2018 - 10:35Coa colaborciòn de tòdolos que formamos parteda vida da vida da aula incubamos pitiños. Cada dia un grupo de nenos era o encargado e responsable de botarlle auga a incubadora, ver a humidade necesaria e a temperatura adecuada para que o proceso de incubación chegue ao seu fin con éxito. Unha vez que nacen, son os responsables por quendas de darlle de comer, beber e coidar que teñan a luz de calor acesa.
![Proxecto pitiños Proxecto pitiños](https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/system/files/images/05B3A60D-4586-4079-9F28-360CA1B6C709.thumbnail.jpeg)
Falar sen palabras
Enviado por ana.balsa o Mar, 24/04/2018 - 16:55Aproveitando que en Educación infantil estamos a traballar os animais, traballamos hoxe co conto “Non fai falta a voz”. Nel van aparecendo moitos animais cos seus respectivos sons, incluída a xirafa, a que co seu longo pescozo non precisa da voz para agarimar á súa cría.
Falamos das diferentes formas de decir que nos queremos sen usar palabras e saíron ideas como dar apertas, bicos, aloumiños....Na foto, dous nenos de 4 anos dándose unha aperta.
![Falar sen palabras Falar sen palabras](https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/system/files/images/2705489B-0E18-49BD-81E0-1A7F0F0419B9.thumbnail.jpeg)
NADAL
Enviado por Anónimo o Lun, 23/04/2018 - 15:42- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
![RSS - convivencia Distribuir contido](/centros/cpicernadascastro/misc/feed.png)