C. Naturais
SISTEMA SOLAR
Aproveitando que estivemos aprendendo sobre o Universo, fixemos o noso propio sistema solar.
Laboratorio
Desta volta experimentamos coa masa, o voume e a densidade. Fixemos distintos experimentos para traballar estes conceptos.
EXPERIMENTAMOS: FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
Fixemos catro experimentos relacionados cos catro procesos da función de nutrición.
EXPERIMENTAMOS: CAIXA DOS SENTIDOS
Comezamos a aprender sobre o corpo humano, e para iso realizamos o primeiro de moitos experimentos que nos esperan ao longo do curso.
(Recordade que para ver as fotos tedes que premer onde pon ler máis)
O universo
En ciencias sociais os nenos de 1ºB estudiamos o tema do universo.
Aprendemos cales eran as constelacións mais importantes que se poden ver desde a terra e os nomes dos planetas.
Excursión á Domus e á Casa da Ciencias
Este ano fomos de excursión a Casa das Ciencias e o Domus. Na casa das Ciencias visitamos o museo e o planetario.
Foi moi interesante descubrir a ciencia da man destes museos interactivos. Gustáronnos moito.
Experimentos cos sentidos
Voltamos ao laboratorio para experimentar cos sentidos.
Fixemos tres prácticas:
-1ª: Tapamos os ollos e o nariz para probar distintos aliementos, e así comprobar se os recoñecíamos.
-2ª: Cuns bastonciños probamos de 4 vasos, onde tiñamos que adiviñar con que sabor ( doce, salgado, amargo ou ácedo) se relacionaba.
-3ª: Tiñamos uns saquiños con algo dentro e debiamos adiviñar do que se trataba usando o olfacto.