Responder ó comentario
Descubrimos o número π
No grupo de 5º B, en MaTeMáTiCaS MaNiPuLaTiVaS, quixemos poñernos na pel dos grandes matemáticos e levamos a cabo un proceso de descubrimento do número π:
- Buscamos pola aula obxectos con forma de circunferencia.
- Medimos a súa lonxitude e diámetro.
- Facemos unha división: lonxitude/diámetro.
- Comparamos os resultados.
E que descubrimos? Que os resultados eran moi semellantes!
As medicións non foran moi exactas, pero puidemos ver que os cocientes obtidos coincidían, cando menos, nas súas dúas primeiras cifras: 3,1...
O que obteriamos, en caso de que as medicións fosen exactas sería este número infinito, o número π, que é:
3,14159265358979323846…
Grazas a isto, puidemos obter a fórmula que nos permitirá calcular a lonxitude de calquera circunferencia:
L=diámetro x π