Responder ó comentario

Traballando o razoamento a través dos xogos de mesa

Durante este curso estamos a traballar o razoamento abstracto e a estratexia a través de xogos de lóxica. Na primeira sesión (decembro de 2015) empregamos Abalone, Gobblet e Quarto e na segunda sesión (marzo de 2016) engadimos Quoridor.

A principal vantaxe destas sesións sobre as clases habituais é que son os propios alumnos os que descubren cales poden ser as mellores estratexias para vencer no xogo, preguntándose e deducindo eles mesmos como mellorar na seguinte partida.

 

Abalone

 

Gobblet

 

Quarto

 

Quoridor

Fai clic en calquera das fotos anteriores para acceder á galería.

Responder

Igualdade, Convivencia e Inclusión