Polo creativo
POLO CREATIVO NO TEMPO DE LECER
DISFRUTANDO POR RECUNCHOS NO TEMPO DE LECER
RECUNCHOS DE ACTIVIDADES: xogos de construción, peinados, karaoke...
HOUSES IN MY VILLAGE. LAST ENGLISH PROJECT 2023
Último proxecto na área de inglés en 1° de ESO.
A organización se fixo de xeito individual e en parellas ou grupos según o momento do proceso.
Nesta ocasión traballamos apoiandonos na área de Plástica así como nas TIC.
Traballamos na excelencia creando grupos de expertos que monitorizaban a outros e, que á súa vez, axudaban en cadea ós seguintes para crear códigos QR con audios que describen un auténtico tour polas súas casas animándovos a visitalas. Non só crearon eses códigos QR senón que aprenderon a subir un arquivo a drive así como a compartilo enseñando a outras compañeiras e compañeiros.
Traballamos na inclusión ó aportar cada un dos 23 compoñentes a súa pegada en función das súas fortalezas sen perder ningunha etapa do proceso.
Contribuimos a mellorar a convivencia creando grupos de axuda que fomentaron vínculos que doutra maneira non se conseguirían.
E todo isto, sen olvidar o fin lingüístico da actividade donde manexamos un variadísimo vocabulario, estructuras gramáticas aprendidas no curso,localización de emplazamentos,etc mellorando o noso writing,speaking e listening.
O decorado de fondo da contorna de Castroverde cos seus edificios e monumentos mais representativos serviron de marco perfecto para situar a súa vila no plano.
Agradezo de maneira especial a axuda da profesora de Plástica Montse García que sempre colaborou de xeito tan creativo en tantos proxectos, ás alumnas e alumnos que colaboraron nel e,especialmente, ó alumnado de 1° de ESO polo interés e o esforzo que amosaron.
Podedes visitar a exposición cos vosos dispositivos para escoitar cada un dos audios.Un recordo que lles quedará para o futuro cando volvan a escoitar a súa voz a través de ese código QR.
Non o dubides!!
Come and go on our tours!!
SAÍDA AO LUGO ROMANO
O xoves 8 de xuño, o curso de 2º da ESO viaxou a Lugo para coñecer o seu pasado romano, dentro das actividades extraescolares do Departamento de Xeografía e Historia e co acompañamento do titor do grupo. Para meterse no papel, a visita realizámola con disfraces de romanos e romanas, confeccionados coa máquina de coser e materiais do programa Polos Creativos. Os peiteados estaban baseados nos estudos e titoriais da peluqueira e arqueóloga Janet Stephens.
Visitamos a Sala de Exposicións da Porta Miñá, o Centro de Interpretación da Muralla, a Casa dos Mosaicos e o Centro Arqueolóxico de San Roque.