Podcast-roverde

FALANDO DE FALAR: CHATTING WITH NOAH FORSLUND

Proxecto elaborado de xeito interdisciplinar entre o departamento de música  e de inglés. Durante 6 sesións traballamos as distintas etapas deste proxecto.

SECUENCIACIÓN

INGLÉS: (4 sesións)

  • Fixemos un Brainstorming sobre preguntas que lle faríamos ó noso auxiliar se conversa de xeito individual.

  • Posteriormente seleccionamos aquelas que nos parecían  mais relevantes e desestimamos as que se repetían.

  • Pasamos despois a agrupalas por bloques en función  da súa vida personal, formación musical,experiencia didáctica  no noso centro.

  • Por último  a modo de asamblea  decidimos o orden de preguntas. Ensaiamos: Pronuncia, entoación, uso do micro…

MÚSICA: (2 sesións, ao principio e final)

1 :Organizar grupos e quendas

6: Gravación  de podcasts e edición de podcast.

Foi unha experiencia multidisciplinar fantástica con estreita colaboración  e sincronía entre ambos departamentos e plenamente enriquecedora para o desenvolvemento a nivel oral do noso alumnado á vez que funcionan como elemento integrador entre os distintos grupos, tanto ordinario coma de reforzo aportando cada un a súa pregunta ou ayudando a organizalas.

Infinitas gracias ó noso profesor de música Cándido Díaz que sempre colabora cos proxectos plantexados e nos asesora a nivel técnico.

Unha vez máis as TIC se ponen ó sevicio da nosa área  para conseguir resultados tan atractivos e motivadores como este. 

O ALUMNADO DO CPIP DE CASTROVERDE TRABALLA DURO PARA PARTICIPAR NO IV CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO

Este ano o concurso está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán e ao mundo editorial. Florencio Delgado G. foi un poeta, articulista, tradutor, editor e activista cultural. 

Nese contexto, hoxe o alumnado da ESO do CPIP de Castroverde fixou unha entrevista ao director da librería Trama de Lugo. Falar con Carlos resultou moi enriquecedor, as súas respostas foron moi interesantes. Dende o CPIP agradecémoslle o seu tempo e a súa amabilidade.

Toda a ESO participou na elaboración das preguntas previamente á entrevista. Remedios a profesora de galego involucrouse e orientou aos rapaces  coa formulación e o contido. 

O son e  a montaxe do podcast foi xestionado de xeito moi profesional  por Cándido, o profesor de música.  

As voces do podcast de hoxe foron Daniel de 2 ESO, Antonio de 3 ESO e Claudia e Cora de 4 ESO, mentres que Noa encargouse da reportaxe fotográfica. 

A ver se gañamos!

NACE RADIO PODCAST-ROVERDE

Para arrincar coa nosa radio do CPIP de Castroverde, chamada Podcast-roverde, tivemos a sorte e a oportunidade de falar cun gran artista!

Os rapaces de 3°ESO, Claudia, Antonio e Aratz fixeron unha entrevista exclusiva ao artista urbano Diego As, mundialmente coñecido polo seu grafiti de Xulio César, situado a carón da muralla de Lugo.

@s alumn@s elaboraron unha chuvia de preguntas variadas e pertinentes para manter unha charla moi interesante co artista lucense, na que merece resaltar a súa amabilidade e sinxeleza. Non vola perdades! 

Podedes acceder ao link da radio na nosa páxina web.

Continuaremos coa emisión doutras novas ao longo do curso, así que non perdades o fío!

Distribuir contenido