Biblioteca

OH DEAR!

 


Tres alumnas de sexto de primaria contaron, en inglés, o conto "Oh Dear!" de Rod Campbell na aula de 5º EI. Conseguiron que a súa audiencia estivera moi atenta. Despois practicaron con eles os nomes dos animais do conto e xogaron un "memory" con tarxetas de debuxos da historia. Un momento moi productivo e divertido para todos!

 
 

DÍA DE ROSALÍA EN 4º DE PRIMARIA

                         DÍA DE ROSALÍA 



C:\Users\Profesor\Desktop\CURSO 23-24\TAREFAS SUBIDAS A WEB\ROSALÍA\20240221_124617.jpg

 

O día 23 de febrero celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Escritora galega e defensora da lingua, dos dereitos das mulleres, dos pobres...do pobo galego.

Destacan as súas obras “ Follas Novas”, “Cantares gallegos” e “ A orillas del Sar”.

 

En 3º de primaria comenzamos por coñecer un pouco a súa vida e as súas obras. Despois fixemos unhas postais co seu retrato e un verso moi significativo: “Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”.

 

 

 

No seu interior escribimos unha estrofa dalgún dos seus poemas.                                                                                     

E:\CURSO 23-24\TAREFAS SUBIDAS A WEB\ROSALÍA\20240221_121548.jpg

 

A LINGUA GALEGA É UNHA OPORTUNIDADE

O escritor e sociolingüista galego ,Manuel Núñez  Singala, deu unha charla a todo o alumnado da ESO no salón de actos do CPIP de Castroverde. 

A charla titulouna :"A lingua galega é unha oportunidade".

Falou da riqueza que supón a diversidade lingüística, dos condicionantes que hai á hora de elixir o idioma que falar, dos prexuízos lingüísticos...

Distribuir contenido