Biblioteca

TERTULIA ARÍTSTICA: O MEU AMIGO NIETZSCHE

Coincidindo co día do libro a nosa Tertulia Dialóxica Artística tiña como tema principal a importancia da lectura e a responsabilidade dun mesmo á hora de escoller a liberdade e o poder que outorga o coñecemento nesta vida... Neste caso foi o cortometraje “O meu amigo Nietzsche” o escollido para comentar entre todo o alumnado da ESO e os profesores que asistiron esta tarde á proxección no salón de actos.

FEDERICO GARCÍA LORCA

VIVINDO A POESÍA EN COMUNIDADE

O próximo martes 26 de febreiro terá lugar unha intensa xornada de lecturas compartidas en galego e en castelán sobre distntos fragmentos da obra de Federico García Lorca. Esta actividade, que implica á totalidade do centro educativo, está coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Animamos a todos e todas a pasar pola biblioteca e presenciar a maxia da poesía lida polos rapaces e rapazas do CPI Plurilingüe de Castroverde.

1ª hora           2ª hora                 3ª hora                   4ª hora /5ªhora                  tarde                     
3º ESO 4º ESO Aplicadas  4º ESO Académicas  2º ESO   4º ESO APLICADAS
1ºEP+5º EP 2º EP +6º EP  3º EP 4º EP  2º EP +6º EP

LENDO POESÍA NA TORRE DA HOMENAXE

Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO realizaron un roteiro literario no que visitaron a  Torre da Homenaxe do castelo de Castroverde. Estiveron acompañados polas profesoras Nanda Suárez Méndez e Crsitina González Grandas. Tanto alumnas e alumnos como profesoras ían caracterizadas con traxes medievais. Felicitamos a profesoras e alumnado por estas iniciativas de levar a poesía á rúa, nun entorno tan próximo e de grande valor histórico e patrimonial. 

Durante a actividade leuse unha selección de poesías diversas, entre elas coplas de Jorge Manrique... No CPI Plurilingüe de Castroverde vivimos a poesía!

Distribuir contenido