Comunidades de Aprendizaxe
TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE O DIARIO DE ANA FRANK
O día 31 de xaneiro de 2019 terá lugar unha tertulia sobre unha selección de textos do diario de Ana Frank. A tertulia estará coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez. Inivitamos a asistir a todas as persoas que o desexen. Celebrarase no salón de actos do CPI Plurilingüe de Castroverde. Achégase o arquivo da selección de textos realizada pola profesora Nanda Suárez. |
CONFERENCIA DE CARLOS PAJARES
O 4 de decembro de 2018 o físico e profesor da USC, Carlos Pajares, impartíu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de educación secundaria titulada De que están feitas as cousas?. Nesta conferencia explicou detalladamente a composición da materia a medida que imos descendendo na escala de tamaños: moléculas, átomos, quarks, leptóns...e as interaccións fundamentais que se dan no noso Universo así como as partículas que as transmiten. Resultou particularmente interesante as explicacións sobre o traballo que se desenvolve no CERN. Agradecemos ao eminente investigador que se desprazase ata Castroverde para dar a coñecer os descubrimentos que se están realizando en física de partículas, no CERN e o funcionamento do LHC. Achégase a continuación a presentación realizada: DE QUE ESTÁN FEITAS AS COUSAS |
TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE CONCEPCIÓN ARENAL
Tras unha breve introducción da profesora Nanda Suárez Méndez sobre Concepción Arenal, fixemos unha tertulia dialóxica sobre un dos seus ensaios sobre a muller. Foi o 29 de novembro de 2018, xoves, no salón de actos do CPIP de Castroverde. Estivo dirixida á totalidade do alumnado de educación secundaria e e para todas as persoas adultas que quixeron asistir. A tertulia estivo coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Houbo unha elevada participación, dialogando sobre as reflexións desta intelixente muller do século XIX, sobre os seus logros e sobre a situación da muller nesa época e tamén sobre a discriminación que segue habendo na sociedade actual.
ACTIVIDADES PARA TODA A COMUNIDADE
Mércores, 28 de novembro de 2018
9:45 a 10:35- Actividade de divulgación científica consistente na proxección de documental sobre a Relatividade de Einstein e charla explicativa.
Xoves, 29 de novembro de 2018
15.25 a 16.15- Tertulia literaria dialóxica sobre Concepción Arenal, coordinada por Cristina González Grandas, no salón de actos do CPI de Castroverde.
Martes, 4 de decembro de 2018
12:35-13:25- Conferencia do profesor Carlos Pajares da USC titulada De que están feitas as cousas.
Carlos Pajares é Dr. pola Universidade Complutense, foi investigador nas Universidades de París-Sur, Washington en Seattle e profesor titular na Universidade Autónoma de Barcelona e catedrático na USC. Foi Rector da USC no período 1984-1990. No período 2008-2012 foi delegado científico de España no CERN (Centro europeo de Física de Partículas) período no que se detectou o famoso bosón de Higgs. É Doutor Honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa e pola Universidade de Sant Petersburgo. O seu campo é o de Física de partículas.
Mércores, 12 de decembro de 2018
15:25-16:15- Conferencia do profesor Pablo Vila Lameiro da USC sobre Dendrocronoloxía.
Mércores, 19 de decembro de 2018
9:45-10:35- Conferencia do arquitecto de Castroverde, Marcos Rubinos, sobre A Beleza na arquitectura.
TERTULIA DIALÓXICA SOBRE EMILIA PARDO BAZÁN
O 29 de outubro de 2018 realizouse unha Tertulia Literaria Dialóxica organizada polo Departamento de Lingua Galega. Para a tertulia empregáronse textos e proxeccións cinematográficas en galego sobre a biografía da autora. Resultaron moi enriquecedoras as aportacións de profesores e alumnos na Tertulia sobre Dona Emilia Pardo Bazán. Os textos e secuencias presentadas permitíronnos coñecer mellor a época na que viviu a autora e a sociedade á que tivo que enfrentarse, chea de prexuízos machistas. Algúns destes comportamentos persisten na nosa sociedade pero consideramos positivo o feito de identificalos como paso previo á súa eliminación.