APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO:PRESENZA DE ALMIDÓN NOS ALIMENTOS

Os nenos e nenas de sexto de Primaria, acompañados da profe, fixeron unha visita ao laboratorio. Algúns nenos e nenas de terceiro da ESO, dirixidos pola profe de Bioloxía, explicaronlles como podían detectar a presenza de almidón en determinados alimentos. Empregaron o microscopio e resultou unha experiencia moi interesante. E o primeiro apadriñamento científico deste curso. Haberá máis.

 

TRABALLOS DE OUTONO

O alumnado de 3 anos fomos ó horto a recoller as últimas colleitas do ano. Cabazas, calabacíns e tomates.

Despois arrincamos as plantas e cubrimos as nosas parcelas de herba para que non saian herbas malas e nos sirva tamén de abono.

PREMIOS ENGLISH HALLOWEEN

Aquí temos os gañadores do concurso de Halloween. O alumnado de Castroverde unha vez máis demostrou que a imaginación non ten límites. Parabéns para estes rapaces tan creativos. 1er premio: Ceibe Gil Fernández - Coronado. 2 premio: Carolina Freire Cando e Xiana Rodríguez Pillado. 3 premio: Arazt Neira Cadillo e Kimetz Neira Cadillo.

Concurso de Imaxes e audiovisuais que organizou a Xunta co gallo do 25 de novembro

 O pasado mes de outubro, o alumnado de 3º da ESO estivo traballando nun video para participar no Concurso de Imaxes e audiovisuais que organizou a Xunta co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Fixeron un excelente traballo, especialmente a nivel de contido e fondo; pero o nivel técnico do concurso era demasiado alto, dado que participaban non só alumnado de 3º e 4º doutros centros, senón tamén, alumnado de BAC e ciclos formativos.

A finais da semana pasada fixéronse públicos os traballos gañadores, que na súa categoría (2º categoría: 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de BAC  e ciclos de grao medio e superior) e modalidade (modalidade audiovisual) foron a parar ao IES Fernando Blanco, de CEE (ciclo medio de xestión administrativa) e para o Ies Monte Castelo de Burela (1º de BAC).


Malia que non obtivemos ningún premio, temos o orgullo de presentarvos a súa peza audiovisual, que será empregada como material para traballar nas nosas aulas de secundaria.
Os nosos parabéns ao alumnado de 3º da ESO polo seu esforzo e bon facer.

Distribuir contenido