Concurso de Imaxes e audiovisuais que organizou a Xunta co gallo do 25 de novembro

 O pasado mes de outubro, o alumnado de 3º da ESO estivo traballando nun video para participar no Concurso de Imaxes e audiovisuais que organizou a Xunta co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Fixeron un excelente traballo, especialmente a nivel de contido e fondo; pero o nivel técnico do concurso era demasiado alto, dado que participaban non só alumnado de 3º e 4º doutros centros, senón tamén, alumnado de BAC e ciclos formativos.

A finais da semana pasada fixéronse públicos os traballos gañadores, que na súa categoría (2º categoría: 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de BAC  e ciclos de grao medio e superior) e modalidade (modalidade audiovisual) foron a parar ao IES Fernando Blanco, de CEE (ciclo medio de xestión administrativa) e para o Ies Monte Castelo de Burela (1º de BAC).


Malia que non obtivemos ningún premio, temos o orgullo de presentarvos a súa peza audiovisual, que será empregada como material para traballar nas nosas aulas de secundaria.
Os nosos parabéns ao alumnado de 3º da ESO polo seu esforzo e bon facer.