PROXECTO: OS POLIÑOS DE MOS

proxecto: os poliños de mos de María Jesús Pérez Fernández

Aquí vos deixamos un vídeo algo longo, pero é un resumo de todo o que aprendemos das galiñas e dos pitiños de Mós. Traballamos a lóxica-matemática, a lectoescritura, a arte, e sobre todo o coñecemento, da natureza e concretamente duns animais que temos moi  pretiño de nós, as galiñas e o galos. Foi toda unha experiencia poder ter unha incubadora no noso cole e así xurdiu a idea de traballar e investigar sobre eles. Asique, outro reto máis conseguido no CPI DE CASTROVERDE. Para o curso máis e moito mellor!!

ENCONTRO COS USUARIOS DO CENTRO RESIDENCIAL "O CASTRO" DE CASTROVERDE

 

O alumnado de 2° ESO participou neste encontro ,celebrado na biblioteca do centro, recitando poemas de Rosalía de Castro ou María Victoria Moreno; lendo contos e lendas populares; cantando cantigas tradicionais galegas  como "A saia da Carolina" e ata bailaron.

O acto rematou no comedor escolar onde tomamos chocolate,biscoito e galletas.

Seguiremos realizando estas actividades; é moi gratificante ver aos nosos anciáns e anciás sorrindo e desfrutando.

Distribuir contenido