DÍA DO MEDIO AMBIENTE NA BIBLIOTECA
Celebramos o Día do medioambiente coa lectura de dous contos por parte de alumnado de 6º de Educación Primaria aos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria para concienciar da importancia que ten o medioambiente nas nosas vidas e ensinar o que podemos facer para intentar mellorar a situación.
Ademáis colocouse unha exposición de libros sobre a temática.
TEMPO DE SEMENTEIRA
O equipo "A patrulla verde" estivo traballando en diferentes momentos da primavera, na preparación do horto para sementar e nos semilleiros.
En breve empezarán a medrar os garavanzos, fabas, azafrán e xirasoles.
Tamén chegou o momento de ver como medran os carballos que naceron das landras que escondieron no outono.
COIDAMOS DO MEDIO AMBIENTE
O alumnado de 6 de E.I. comprometidos coa reciclaxe estiveron a recoller o papel sobrante da súa aula para darlle unha nova vida.
Coa axuda da profe Inés, conseguiron facer o seu novo papel reciclado e a confección dos mini cadernos.
OS NOSOS SITIOS FAVORITOS
O alumnado de sexto de primaria comparte neste mapa algúns dos seus sitios favoritos para visitar. Hai unha grande variedade de opcións. Así, para chegar a algún deses lugares hai que coller un avión e para desprazarse a outros pódese ir a pé! A ver que vos parece... Ah, e fixérono en inglés!
PROXECTO: OS POLIÑOS DE MOS
proxecto: os poliños de mos de María Jesús Pérez Fernández
Aquí vos deixamos un vídeo algo longo, pero é un resumo de todo o que aprendemos das galiñas e dos pitiños de Mós. Traballamos a lóxica-matemática, a lectoescritura, a arte, e sobre todo o coñecemento, da natureza e concretamente duns animais que temos moi pretiño de nós, as galiñas e o galos. Foi toda unha experiencia poder ter unha incubadora no noso cole e así xurdiu a idea de traballar e investigar sobre eles. Asique, outro reto máis conseguido no CPI DE CASTROVERDE. Para o curso máis e moito mellor!!