LECTURA EN FAMILIAS: UNHA FÁBRICA DE BICOS

Esta semana voltamos coas nosas lecturas en familia, e desta vez visitounos a familia de Alicia. E para a ocasión escolleron un conto super super... Titulase: unha fábrica de bicos. E que pensades que pasou? Pois que coma sempre nos encantou que as nosas familias se animen a vir a contar un conto. E que aprendemos? Pois que si queremos podemos ter bicos cantos queiramos e de sabores... dos que queiramos, porque no noso interior temos unha fábrica de bicos, para dar a que non queiramos.

Nesta ocasión fomos á aula Maker, espacio que nos encanta, porque ademáis de poder escoitar o conto deitado, sentado, de xeonllos, ou como nos apeteza, ten xogos moi moi moi divertidos. E así tamén aproveitamos para desfrutar deste espazo.  Esperamos volver moi pronto!!!

VISITA AOS MUSEOS DA ROMANIZACIÓN

O mércores 12 de xuño, o alumnado de 2º da ESO tivo a oportunidade de aprender sobre a romanización visitando diferentes museos e monumentos da cidade de Lugo. Visitamos a Sala de Exposicións Porta Miñá, a Domus do Mitreo, o Centro de Interpretación da Muralla e a Domus Oceani, así como observando en directo a propia muralla romana, única no mundo desta época que conserva o seu perímetro completo. Fixémolo con disfraces realizados no centro co material de Polos Creativos.

Distribuir contenido