IV OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

O 28 de maio celebráronse probas tecnolóxicas, actividades de divulgación, maxia e senderismo. Participaron alumnos e alumnas de ESO do CPI de Castroverde, CPI Virxe dos Remedios de Castrocaldelas, CPI de Cervantes, CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, CPI de Seoane do Caurel e IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

cartel

PROBAS

CONFERENCIAS

XANTAR E ENTREGA DE PREMIOS

MAXIA

SENDERISMO POLO CAMIÑO PRIMITIVO

Estiveron organizadas pola Asociación Educativa Tecnogalicia coa colaboración do CPI de Castroverde, o Concello de Castroverde, IES San XIllao, Xacobeo 2010, Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Saneamientos Riga, Martín Barrasa Rioja, Joaquín López Fernández,a Axenda 21 Escolar de Galicia e a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2010-2011.

Ver a orde

OS MAIOS

O mércores, 26 de maio, disfrutamos cos maios. Esta celebración, organizada por 3º e 4º de Primaria, encheu de cores, pomas, cancións e espíritu primaveral o patio do colexio.

Ver máis fotos.

DÍA DAS LETRAS

O 14 de maio celebramos o Día das Letras cunha sesión de contacontos para educación infantil. Simultáneamente alumnos e alumnas de 1º da ESO, representaron unha obra de teatro de sombras e outra obra orixinal.A continación houbo recitado de poemas e escenificación dun conto de Uxío Novoneyra a cargo de diferentes grupos de primaria e dúas cancións interpretadas polos alumnos e alumnas de educación infantil e quinto de primaria respectivamente.

Contacontos

Ver máis fotos.

ESCOLAS VIAXEIRAS

Alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria acaban de regresar de participar nas escolas viaxeiras en Navarra, con outros dous centros de Cáceres e Huelva.

Algúns dos participantes

Ver fotos.

Distribuir contenido