PROBAS

Despois de encontrarse na Veiga do Olmo, as alumnas e alumnos dos centros participantes traballaron en grupos (6 de 2º, 6 de 3º e 6 de 4º da ESO) para resolver xuntos 6 probas diferentes coa temática común do emprego verde da tecnoloxía. Ao longo da mañá cada grupo foi percorrendo os distintos postos das probas, ao tempo que coñecían un pouco Castroverde, pois as probas desenvolvéronse nos pendellos da feira, na igrexa e nas dependencias da cas do concello. Tiveron un descanso a media mañá. Ao finalizar as probas participaron nun xogo da Axenda 21 Escolar de Galicia, na Veiga do Olmo.

Proba do robot

Ver máis fotos                             Voltar á Olimpíada                              Principal