ABRAPALABRA
O 25 de xaneiro o mago Carlos Coria fíxonos rir a gargalladas co seu espectáculo de maxia ABRAPALABRA. Como podedes comprobar nas fotos, non nos aburrimos nada. E ademáis regalounos un libro a cada un para que poidamos aprender a facer os seus trucos e moitos máis.
NADAL 2010
O 22 de decembro celebramos o inicio do nadal coa celebración dun festival no que houbo teatro, panxoliñas, chistes e incluso receitas. Cando rematamos disfrutamos dun xantar especial con marisco, pizza e postres típicos destas datas.
Excursión á Ribeira Sacra á través do programa km 0
O día 17 de novembro de 2010 os alumnos/as de 5º e 6º de primaria fixemos unha viaxe pola Ribeira Sacra a través do programa km 0 patrocinado pola Deputación de Lugo.
Fomos á zona do Saviñao, ao Ecomuseo de Arxeriz (dedicado en gran parte ás labores e apeiros da viticultura), ao mirador "O cabo do mundo", á praia da Coba onde embarcamos nunha zódiac polo río Miño ata a illa de Sernande e logo visitamos a igrexa de Chouzán.
Pola mañá visitamos o Centro de Interpretación do río Rato, así como fomos recibidos na Deputación pola Vicepresidenta Lara Méndez e a concelleira de Xuventude do Concello de Lugo.
Foi unha viaxe moi interesante onde vimos moitas cousas e o pasamos moi ben.
EXCURSIÓN A BURELA
A pesar da choiva e do mal tempo marchamos de excursión e todo foi ben. Visitamos Alúmina onde aprendimos o proceso para facer o aluminio e a grande cantidade de enerxía que se precisa. Vimos un vídeo e fomos pola fábrica no autobús cun home da terra que traballa alí e que nos explicou todo moi ben. El e o seu compañeiros fóronnos explicando todo o proceso de transformación, as medidas de seguridade, os riscos, o intento de non contaminar…alí plantamos unha árbore e regaláronnos unhas camisetas e un pouco de aluminio das probas de resistencia. Despois fomos a Sargadelos e nos asombrou o tratamento bastante manual das pezas. Vimos como ían pintando e repasando peza a peza. ¡Menudo traballo!. Despois comimos, paseamos e fomos o concurso de Robótica e logramos programar os ordenadores robots…¡Incrible!