MENÚS DA SEMANA DAS CULTURAS

Esta semana no Cpi de Castroverde, estivemos celebrando a semana das culturas e dende o servizo de comedor aproveitamos para degustar menús novos propios de estas tres culturas. O mércores conmemoramos a cultura india, e poidemos saborear o polo tandori e arroz con uvas pasas.  O xoves tocoulle á cultura marroquí, e comemos ensalada tabule, e o venres tocoulle á cultura latina, e degustamos unha fajitas recheas de arroz, polo e salsa de tomate, acompañados de ensalada de leituga.  Gustounos probar comidas doutras países! Noraboa pola iniciativa.

Temos que dar as gracias ás nenas e nenos que participaron na decoración desta actividade.

LECTURA CON FAMILIAS: BAMBI

Esta semana, retomamos a lectura en familias na aula de 4 anos. Nesta ocasión veu Esther, a mamá de Leire a ler o conto titulado, Bambi.

PRÁCTICAS RESTAURATIVAS

CÍRCULO RESTAURATIVO 

O responsable de benestar e convivencia do CPI Plurilingüe de Castroverde, Xoán Trigo González, está a desenvolver nos diferentes cursos Prácticas Restaurativas. Na imaxe, o alumnado de 1º de ESO está realizando un círculo restaurativo no que se aprenden valores como o respecto e no que se realiza prevención de conflitos.

Día da Poesía. Actividade realizada pola Biblioteca e o Club de Lectura

  

No CPIP de Castroverde, celebramos o Día da Poesía cun recital no que o alumnado da ESO leu poemas en varias linguas. Algunhas delas, linguas nativas como o árabe ou o romanés, xunto co galego e o castelán. Tamén poemas en francés e inglés e, mesmo se atreveron co portugués e o italiano. Tamén se escoitaron poemas musicados por diferentes artistas ( A Banda da Loba, Rosalía ou Los Suaves). 

TERTULIA CONMEMORATIVA DO DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O día 2 de abril foi declarado pola ONU Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Con ese motivo, o día 8 de abril celebraremos dúas tertulias: unha con 1º e 2º da ESO ás 15:25 da tarde e outra con 3º e 4º ás 13:55. O texto da tertulia é unha escolma de fragmentos do libro de Naoki Higashida "A razón pola que salto". Coma sempre a actividade está aberta a toda a comunidade educativa. Achegamos o texto da tertulia.

Distribuir contenido