Excursión á Ribeira Sacra á través do programa km 0
O día 17 de novembro de 2010 os alumnos/as de 5º e 6º de primaria fixemos unha viaxe pola Ribeira Sacra a través do programa km 0 patrocinado pola Deputación de Lugo.
Fomos á zona do Saviñao, ao Ecomuseo de Arxeriz (dedicado en gran parte ás labores e apeiros da viticultura), ao mirador "O cabo do mundo", á praia da Coba onde embarcamos nunha zódiac polo río Miño ata a illa de Sernande e logo visitamos a igrexa de Chouzán.
Pola mañá visitamos o Centro de Interpretación do río Rato, así como fomos recibidos na Deputación pola Vicepresidenta Lara Méndez e a concelleira de Xuventude do Concello de Lugo.
Foi unha viaxe moi interesante onde vimos moitas cousas e o pasamos moi ben.