TERTULIA DIALÓXICA DO 8 DE MARZO

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres, que foi adoptado pola Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas o 16 de decembro de 1977, co obxectivo de eliminar toda forma de discriminación cara as mulleres, promover o seu empoderamento e conseguir a súa plena participación na sociedade.

Ese día, ademais doutras actividades, o grupo de 4º da ESO, realizará unha tertulia dialóxica por videoconferencia cun grupo do CPI As Mirandas. Coma sempre a tertulia esta aberta á participación de toda a comunidade educativa. Nesta ocasión o texto sobre o que versará a tertulia é un capítulo do libro “O poder das palabras” da prestixiosa filósofa Simone Weil, concretamente o capítulo “Non empecemos outra vez a guerra de Troya”.
Achegamos aquí o PDF para preparala, e tamén recomendamos a quen teña oportunidade, escoitar a magnífica voz de Cecilia Bona no audiolibro de Spotify. Serían os 8 primeiros “capítulos” do audiolibro “Simone Weil, El poder de las palabras” que suman uns 25 minutos de duración.

 
 
 
AdjuntoTamaño
Tertulias-1.pdf3.92 MB