VISITA AO CENTRO DE MAIORES
Actividade Club de Lectura
O alumnado de 3° ESO fixo este martes unha visita á Residencia de maiores "O Castro" de Castroverde,para ler e recitar diferentes textos aos intern@s.
A maioría dos textos eran contos ,lendas ou poemas da tradición oral galega como a lenda da lagoa de Cospeito; o poema do piollo e a pulga que querían casar ,que sacou un sorriso aos maiores;o conto "O tesouro de Pin en Navia de Suarna"; unha versión da lenda da Cova da Serpe entre outros.
Foi un encontro enriquecedor e moi gratificante xa que os maiores desfrutaron cos presenza dos máis novos, a lectura dos textos,participaron facendo algún comentario e ata nos cantaron dúas cancións.E os rapaces e rapaces viron de preto a vida nun centro de maiores que lles serviu para achegarse a outras realidades.