Eventos
« Lunes Enero 26, 2015 »
Lun |
Start: 26/01/2015 13:25
O alumnado de 6º de Educación Primaria, xunto co alumnado de todos os cursos da ESO terá unha sesión de formación con Antonio Coque, (autor de varios libros, entre eles: “Intelixencia verbal”).
Antonio Coque é licenciado en dereito e avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid. Estudou comunicación na Universidade do Norte de Florida (USA).
Como experto en comunicación imparte seminarios, cursos e conferencias do método Defensa verbal & Persuasión así como en técnicas de comunicación, habilidades sociais, liderado, negociación, mediación, coaching e persuasión útiles para diferentes áreas profesionais en institucións, empresas, centros e organizacións.
Na súa intervención no CPI de Castroverde centrarase na aplicación destas técnicas de comunicación para que o alumnado saiba como resolver conflitos e mellorar as súas competencias comunicativas.
A sesión terá lugar o luns 26 de xaneiro de 2015, de 13:25 a 14:15 horas e poden asistir os familiares do alumnado que estean interesados.
|
|
|
|