OLA FAMILIAS!
Como sabedes este curso empezamos con moita ilusión unha nova materia na etapa de Educación Infantil, MUSIC CULTURE, co obxectivo de achegar culturas de países de fala inglesa a través da música.
O país elixido no primeiro trimestre foi ESTADOS UNIDOS. Tivemos a gran sorte de contar coa axuda de Rayann, unha rapaza de EE.UU que nos fixo falar moito inglés!
Coñecemos o nome dalgúns instrumentos musicais como FIDDLE, BANJO e MANDOLIN.
Déixovos o enlace coa canción que bailamos na clase, a ver se recordades o baile!
Trátase do violinista BRUCE MOLSKY, un dos meus profes do curso ao que asistín o verán pasado nos EE.UU, cunha beca para mestres de música que me concedeu a "Scottish Fiddlers of California".
https://www.youtube.com/watch?v=yUaITM8O3L4
Apertas
A profe Tere
CLASE DE PSICOMOTRICIDADE E INGLÉS
Ola formiguiñas, pitiños e baleas!
Esta semana a profe Belén e a profe Kim traémosvos unha proposta diferente. Traballaremos vocabulario relacionado cos alimentos.
OLLO! Se normalmente xa precisábamos da axuda da nosa familia, nesta ocasión necesitarémola aínda máis!
Así que... cativos/as e familias, estades todos preparados e preparadas? Pois...pinchade na imaxe!!!
Os nenos/as de Educación Infantil acaban de completar unha misión moi importante!Conseguiron resolver os catro enigmas que lles propuxemos para celebrar o Día das Letras Galegas e despois de enviarnos a súa resolución puideron acceder á pista final para chegar ao tesouro escondido.
Para ver o vídeo só tedes que pinchar na imaxe.
Que haberá no seu interior?
Bo día familias!
Para celebrar a conmemoración de Europa propuxémosvos unha actividade na que os nenos/as debían crear o seu propio País e compoñer o seu himno. Despois de ver os resultados dos/as nosos/as artistas, queremos compartilos con vós. Para ver o vídeo só tedes que pulsar na imaxe.
Noraboa polos resultados!
Bo día nenos e nenas!
Chegou o día de darlle vida a eses vasos de iogur que fai días que estamos gardando nas nosas casas. Por iso... imos pescar! Pero esta pesca, non é unha pesca calquera, senón que é unha PESCA MATEMÁTICA coa que ademais de divertirnos imos aprender moito.
Desfrutade!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »