Skip to Content


Formiguiñas, Pitiños e Baleas!

Damos por rematado este curso con esta Festa da auga! Aquí tedes o video da proba do ben que o pasamos todos e todas.

Que pasedes un moi bo verás e... Vémonos en setembro!!

Apertas de Berta, Fer, Paula e Nuria.



Boas formiguiñas, pitiños e baleas!

Hoxe, para rematar este curso tan raro, e aproveitando que fai sol, propoñémosvos facer entre todos unha

FESTA DA AUGA!

Esperamos que o pases moi ben! E lembra enviarnos o teu video!

 

 

 



Ola formiguiñas, pitiños e baleas!

Aquí vos deixamos o video das vosas orixinais creacións para a actividade "Somos arte". Podedes velo pinchando na imaxen.

 

Fixestes un moi bo traballo. Noraboa!!



Como mestra de Educación Musical deste centro procedo á difusión da miña experiencia coa licenza de formación, tal e como se recolle na Resolución do 5 de xuño de 2019.

 

 

FELIZ VERÁN!!


A profe Tere



ÚLTIMO VÍDEO!

Ola formiguiñas, pitiños e baleas! 

A profe Belén e profe Kim enviámosvos o noso último vídeo. 

Hoxe, non vos pediremos que debuxedes nin que corrades dun sitio para outro porque tan só é un vídeo de despedida. Nel, aparecen moitos amigos e amigas das tres aulas de Infantil. 

Esperamos que vos guste. 

Desfrutade moito este verán!!! Unha aperta!!!

E para ver o vídeo...pinchade na imaxe!

 

 



FORMIGUIÑAS, PITIÑOS E BALEAS!

Rematou o curso e imos despedilo e dar paso ao verán con esta canción tan bonita que se chama "Verano y Sol", do proxecto Musicaeduca.

Preparade o bañador e a toalla que marchamos á praia!

 

https://www.youtube.com/watch?v=T21eOPYhzQw

 


Agardo que sexades moi felices e que pasedes moi bo verán!!

Biquiños da profe Tere

Distribuir contido


by Dr. Radut