Skip to Content


 

Intruccións do CPI Plurilingüe Cabo da Area para poder solicitalas neste enlace



O tempo de lecer co que contamos no periodo de comedor pode ser moi rico e estar cheo de diversión e aprendizaxe. Asi pois, contamos con diversas opcións, que en tempos de PANDEMIA, vense moi limitadas en canto aos compañeiros e compañeiras con quen compartir, e en canto ao uso que se fai dos materiais. Non obstante, coa incrible capacidade de adaptación demostrada polo alumnado e profesorado, seguimos a disfrutar do noso patio e da nosa biblioteca. 

 

CLUBE DE LETURA: "LIBROS AO CABO"

O Clube de Letura é un proxecto que xurde este curso na etapa de educación primaria, como continuación ao xa existente na etapa de ESO, dende hai xa anos. Diversos cursos (4º, 5º e 6º de primaria) reunímonos unha vez a semana, por grupos, para compartir e falar sobre as nosas leturas, para descubrir libros novos na biblioteca e facer recomendacións, para debuxar e, por suposto, para LEEERRRRR!!!! Esta actividade é, ao igual que o resto, VOLUNTARIA e DIVERTIDA.

 

ESPAZOS DEPORTIVOS E CONVIVENCIA

O noso recinto escolar exterior é moi rico e diverso. Contamos con herba, con area, con pista de fútbol e baloncesto, e cunha gradas estupendas para observar e conversar. Os máis pequerrechos e pequerechas contan cun estupendo areal (tan ansiado en tódolos centros escolares) que permite o desenvolvemento da súa psicomotricidade e creatividade, entre moitas outras cousas.

Todos estes espazos contan con material específico como pelotas de diverso tipo, raquetas de badminton, cordas, aros, cubos, palas, etc. A lectura ao sol tamén é unha estupenda posibilidade así como a simple charla que nos permite afianzar as amizades e practicar as nosas habilidades sociais e o bo trato.

CUMPRINDO AS SINXELAS NORMAS DE CONVIVENCIA O ESPAZO DE LECER DO COMEDOR É UNHA OPORTUNIDADE DE APRENDER E DIVERTIRSE!!!



ASÍ NOS DIVERTIMOS...



O noso comedor é unha oportunidade de aprendizaxe nun espazo non formal no que, ademáis de comer, podemos relaxarnos e divertirnos. Co obxecto de mellorar o uso e a convivencia no comedor escolar establécense unhas normas que deben ser coñecidas polas familias e comentadas cos nenos e nenas e coa rapazada na casa. Esperamos e queremos que grazas á colaboración de todos e todas, consigamos un axeitado e satisfactorio ambiente no comedor, o cal influirá na armonía e boas formas, ademáis dunha correcta alimentación.

O que precisamos para que a nosa estancia no comedor sexa ideal é seguir unha serie de normas MOI SINXELAS que nos benefician a todas e todos ...

1. ENTRA NO COMEDOR DE FORMA ORDENADA E MANTENDO UN TON DE VOZ AXEITADO.

2. ESPERA CON PACIENCIA E COMPOSTURA A QUE CHEGUE A COMIDA.

3. MANTÉN A MESA SEMPRE LIMPA E EN ORDEN E NON DEIXES CAER OU TIRES A COMIDA.

4. CHARLA NUN TON DE VOZ AXEITADO COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO TEU LADO.

5. PRACTICA OS HÁBITO DUN BO/BOA COMENSAL:

- USA CORRECTAMENTE OS TENEDORES.

- USA AS SERVILLETAS, MASTICA COA BOCA PECHADA E NON FALES COA BOCA CHEA.

- PIDE AS COUSAS POR FAVOR E DÁ AS GRACIAS.

- TRATA CON RESPECTO E SEGUE AS INDICACIÓNS DAS COIDADORAS E COIDADOR.

6. RESPETA A INSTALACIÓN DO COMEDOR (MESAS, CADEIRAS)... COIDA O QUE É DE TODAS E TODOS.

7. RESPETA O TEU SITIO ASIGNADO SEMPRE (O COVID ASÍ O ESIXE).

8. O TEMPO DE PATIO É UNHA OPORTUNIDADE PARA XOGAR E RELACIONARSE. PON EN MARCHA AS TÚAS HABILIDADES SOCIAIS.

9. MOI IMPORTANTE!!!! AS PERSOAS QUE SUPERVISAN AS MESAS DE CADA CURSO, AS COIDADORAS E COIDADORES, SON AS ENCARGADAS DE QUE AS NORMAS ANTERIORES SE LEVEN A CABO, POLO QUE DEBES RESPETALAS E SEGUIR AS SÚAS INSTRUCCIÓNS. 

 

CONTAMOS CONVOSCO!!!

La importancia de transmitir hábitos saludables desde la infancia | Faros  HSJBCN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut