Skip to Content


O pasado luns 19 de novembro veu ao cole o grupo "A tropa de trapo" para facer unha actividade cos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.

Pasárono en grande!

                                                                                            Resultado de imaxes para a tropa de trapo ti tamen contas



25 DE NOVEMBRO

As alumnas e alumnos do CPI Cabo da area xunto coas familias e representantes do Concello xuntámonos na praza dos Voluntarios de Laxe para dicir, unha vez máis, BASTA XA

Estamos fartas de semexante barbarie. NON queremos máis mortes, NON queremos máis víctimas, NON queremos máis desprezos, NON queremos máis sufrimento.

En LAXE dicimos NON!!

                Pincha na imaxe para ver as fotos da concentración.    Resultado de imaxes para laxe en negro



O pasado venres foi TERRORÍFICO, a pesares diso pasámolo en GRANDE! Pinchando nas imaxes podedes ver os vídeos e fotos.

      Resultado de imagen de corre corre cabaciña     Resultado de imagen de DIBUJO samain  

 

 



O pasado sábado 15 de setembro recibimos o premio á mellor curtametraxe de educación especial, infantil e primaria no FICBUEU polo traballo realizado o curso pasado co conto "O segredo do bosque", no que participaron as alumnas e alumnos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.

Recolleron o premio os seguintes mestres: Berta Suárez, Fernando Pose e Laura Romero.

                 

Nos segiuntes enlaces pódese ver as notas de prensa:

- La voz de Galicia

- Faro de Vigo

 



O pasado mes de maio o alumnado de 4 ESO tIvo a enorme sorte de pasar uns días en Roma e incluso se permitiron visitar Florencia. Pero a viaxe encerraba unha pequena trampa: á volta tiñan que presentar un cuaderno de bitácora redactado en lingua castelá e en inglés, narrando experiencias e anécdotas. 

O resultado non puido ser mellor!

Preme na imaxe para velo:

 



Premer na imaxe para cubrir a enquisa do Plan Proxecta 

Paisaxe e Sustentabilidade



Este curso o alumnado de infantil, 1º,2º,3º e 4º de primaria, traballou no Plan Proxecta:

"Nós tamén creamos"

Resultado deste traballo, presentámosvos a curta: Un segredo do bosque.

(PREME na imaxe para ver a curta)

 

 

<--!break-->



O alumnado de 4º de ESO disfrutou,e moito, do 14 ao 18 de maio da súa viaxe final de etapa que esta vez tivo como destino Italia. Catro días intensos en Roma onde visitaron todos os lugares históricos de interés (Basílica de S. Pedro, Capela Sistina e Museos Vaticanos, Coliseo, Foro Romano e Palatino, Panteón, etc), disfrutaron das prazas e as súas fontes (Piazza Navona, Praza de España, Fontana de Trevi, Piazza del Popolo...), pasearon polas distintas zonas (Trastévere, Praza da República, Quirinal...).

E como Roma non era suficiente, había que visitar Florencia: el Duomo, el Ponte Vecchio, la Galería de los Uffizzi, el Palazzo Pitti, a Santa Croce coas tumbas de florentinos ilustres, os seus claustros cheos de currunchos con tesouros ocultos, historias dos Medici, Miguel Angel, Leonardo, Dante...todo absolutamente impresionante, para rematar nun momento supremo aos pes dun falso David disfrutando das mellores vistas da cidade no solpor, e con banda sonora incluída, todo un luxo!

E por se todo isto fose pouco, foi "aliñado" con deliciosos xeaos.

Menos mal que botaron moeda para volver!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut