Skip to Content

Cabo da Area en Italia

O alumnado de 4º de ESO disfrutou,e moito, do 14 ao 18 de maio da súa viaxe final de etapa que esta vez tivo como destino Italia. Catro días intensos en Roma onde visitaron todos os lugares históricos de interés (Basílica de S. Pedro, Capela Sistina e Museos Vaticanos, Coliseo, Foro Romano e Palatino, Panteón, etc), disfrutaron das prazas e as súas fontes (Piazza Navona, Praza de España, Fontana de Trevi, Piazza del Popolo...), pasearon polas distintas zonas (Trastévere, Praza da República, Quirinal...).

E como Roma non era suficiente, había que visitar Florencia: el Duomo, el Ponte Vecchio, la Galería de los Uffizzi, el Palazzo Pitti, a Santa Croce coas tumbas de florentinos ilustres, os seus claustros cheos de currunchos con tesouros ocultos, historias dos Medici, Miguel Angel, Leonardo, Dante...todo absolutamente impresionante, para rematar nun momento supremo aos pes dun falso David disfrutando das mellores vistas da cidade no solpor, e con banda sonora incluída, todo un luxo!

E por se todo isto fose pouco, foi "aliñado" con deliciosos xeaos.

Menos mal que botaron moeda para volver!!

 



page | by Dr. Radut