Skip to Content

Francés

Departamento de Francés

Tarefas semana do 11 ao 17 de maio e solucionario

Boas, rapazada.

Empeza unha nova semana e teño unhas tarefas para vós. A continuación adxunto un documento coas tarefas e outro co solucionario. Todo por cursos. Non dubidedes en contactarme se tedes dúbidas ou preguntas.

Tarefas semana do 4 ao 10 maio

Moi boas!

Esta semana, aínda que non hai solucionario porque a semana pasada tiñades tarefas online, adxunto documento coas tarefas da que entra. Como novidade, a partires desta semana, indicar que, despois das últimas normativas sacadas da Consellería, terei en conta o voso traballo sempre de forma positiva. Nunca vos poderemos reducir a media entre as dúas avaliacións, pero debedes ser conscientes que un bo traballo pode chegar a subir. Ata o de agora non vos puiden garantir ese dato, pero agora si.

É por iso que, desta vez, é recomendable que me enviedes fotos do voso traballo. E, aínda que hei colgar un solucionario o luns 11 de maio, se alguén ten dúbidas xerais ou dun exercicio en concreto, pode mandarmas. En definitiva, quero que saibades que estou dispoñible para calquera dúbida ou consulta no meu correo electrónico: lorena.andrade.lorenzo@edu.xunta.gal.

Que pasedes boa ponte e ánimo co traballo.

Un saudiño,

Lorena

Tarefas semana do 26 de abril ao 3 de maio e solucionario

Moi boas, querido alumnado:

Esta semaniña envíovos algo máis lúdico. Puro repaso a facer e a corrixir en liña. Non esquezades corrixir co solucionario as tarefas da semana pasada. Tedes dous pdfs adxuntos a descargar; sendo un para as vindeiras tarefas e outro o solucionario. Que esta semana non vos pida probas do voso traballo non quere dicir que para as próximas non volas pida. É máis, recordade que sempre é mellor facer as cousas... E se tedes dúbidas, non o pensedes dúas veces e escribídeme! Saudiños!

Tarefas semana 20 ao 26 de abril e solucionario

Boas!

Para a semana do 20 ao 26 de abril téñovos preparado unhas tarefiñas divididas por cursos. E por cursos tamén está dividido o solucionario das tarefas da semana pasada. Para visualizar, tanto as tarefas coma o solucionario, tedes que descargar os documentos adxuntos.

Saúdos e boa semana!

Tarefas semana 14 ao 19 de abril

Boas, rapazada!

Espero que esteades ben vós e as vosas familias. Con todo o que está a pasar, debemos ter paciencia e seguir a rutina na medida do posible. Sei que non todos tedes os medios e que ás veces incluso nunha mesma casa os ordenadores andan escasos. Non obstante, por iso vos mando dous tipos de tarefas. Unha breve sacada do libro e outra máis lúdica e divertida na que tedes que usar o ordenador, tablet ou incluso móbil. Non me sexades vagonetes e tentádeas facer, porque a sabendas de que esta semana é máis curta, xa non vos puxen traballo en exceso.

Tedes toda a información no adxunto de abaixo.

Para a corrección: non me enviedes imaxes. Colgarei un solucionario a semana que vén das actividades do libro. En canto á tarefa lúdica, non precisa corrección.

Un caluroso saúdo a vós e ás vosas familias,

Lorena

Solucionario das tarefas da semana pasada (do 23 ao 29 de marzo) e tarefas de final de segundo trimestre

Moi boas:

Pois ben. Chegamos á última semana do trimestre e envíovos dous adxuntos en pdf a este comentario.

a) Por unha banda, tal e como xa indica no título, un solucionario ás tarefas da semana pasada.

b) Pola outra, unhas tarefas repaso/recordatorio que só tedes que facer e corrixirvos en liña.

ATENCIÓN! Esta semana que entra non son tarefas a entregarme.

No pdf, ademais das indicacións por curso de forma detallada, levades unhas indicacións xerais, pero se tedes dúbidas, non o pensedes, e escribídeme ao meu mail: lorena.andrade.lorenzo@edu.xunta.gal

Que pasedes boa Semana Santa e cargade pilas para a volta!

Tarefas semana 23 ao 29

 

Moi boas:

Esta semana que comeza en luns 23 tedes os seguintes exercicios que podedes atopar no adxunto da parte inferior deste post. Buscades o voso curso e seguides as indicacións. Se tedes dúbidas, non escatimedes en preguntar na casa, xa que un adulto pódevos axudar a entender mellor a cousa. Se aínda así non vai, estou dispoñible por mail e Abalar.

Material: libro que estabamos a utilizar na clase e o caderno.

Colgo un solucionario o luns 30 para que vos poidades autocorrixir.

Atención! Quero unha foto deses exercicios feitos no caderno antes do luns 30 por correo electrónico para comprobar que estades a traballar.

Un saudiño e ánimo neste percorrido!

 

 

Tarefas semana 16 ao 22 de marzo

 

Moi boas a todo o meu querido alumnado de Francés! Velaquí vos envío o traballo por cursos para a semana do 16 ao 22. Voltarei o luns 23 con máis traballo. Desfrutade da casa.

Bótasevos de menos. Unha aperta virtual!

 

Curso: 1º ESO

Dirixídesvos ao link que atopades a continuación cunha tarefa titulada: Prononciation AN – A

https://www.podcastfrancaisfacile.com/phonetique-2/son-an-prononciation.html Trátase de escoitar, poñer os beizos como indican e repetir.

A continuación, acudides á tarefa: Les numéros de téléphone : exercice

https://www.podcastfrancaisfacile.com/podcast/les-numeros-de-telephone-exercice.html

A idea é, que xa que vimos os números, seguir o ditado tentando tomar nota dos números de teléfono indicados.

Boa práctica e non esquezades comprobar se o fixestes ben!

 

Curso: 2º ESO

Dirixídesvos ao link que atopades a continuación cunha tarefa titulada: Prononciation s z : Exercice de phonétique https://www.podcastfrancaisfacile.com/phonetique-2/prononciation-s-z.html Trátase de escoitar, poñer os beizos como indican e repetir.

A continuación, acudides á tarefa: À la boulangerie (situation 1) https://www.podcastfrancaisfacile.com/dialogue/la-boulangerie-1.html

Por favor, tomádevos en serio estas prácticas e autocorrixídevos sen trampa. As respostas aparecen nun despregable!

 

Curso: 3º ESO

Dirixídesvos ao link que atopades a continuación cunha tarefa titulada: Le E final.Trátase de escoitar, poñer os beizos como indican e repetir.

https://www.podcastfrancaisfacile.com/apprendre-a-lire/le-e-final.html

A continuación, co fin de traballar o temario co que andabamos, ides ao link https://www.podcastfrancaisfacile.com/dialogue/accueil-client-47.html cun diálogo que se desenvolve no aeroporto titulado: Accueil client 4/7 – français des affaires. Facedes as tarefas sobre a escoita e autocorrixídesvos. Boa práctica, e recordade, non fagades trampas, que vos coñezo!

 

Curso: 4º ESO

Queridas alumnas miñas de cuarto, quen nos ía a dicir que estariamos dando clase dende a casa! En que situacións nos atopamos ás veces na vida! Ben, pois co fin de seguir coa rutina (por chamarlle algo), velaquí vos envío unha tarefa titulada: Différence entre [on] et [in/ain/ein], que atoparedes no link: https://www.podcastfrancaisfacile.com/podcast/difference-entre-on-in.html

Para seguir traballando co tempo meteorolóxico, facedes a tarefa: Météo (avec PDF)que atopades no link: https://www.podcastfrancaisfacile.com/podcast/meteo-avec-pdf.html e que teredes que autocorrixir despregando as solucións despois de cada quiz.

Boa práctica e espérovos o luns 23 para máis exercicios!

 

 

LA FAIM DANS LE MONDE

O alumnado de francés de 3º ESO fixo durante este trimestre traballos sobre os hábitos alimentarios en diferentes países do Sur, comparándoos cos do Norte.

Os resultados das súas pesquisas expuxéronos en francés na biblioteca durante a Semana Cultural para todo o alumnado do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut