Skip to Content

Francés

Departamento de Francés

Programacións do departamento de francés 2023-2024

Aquí podes consultar as programacións didácticas vencelladas ó departamento de francés no curso 2023-2024.

Cadernillo setembro pendentes

Moi boas:

Adxunto a continuación o cadernillo para entregar en setembro para os que vos quedou a materia pendente, que só corresponde a segundo de ESO. A data de entrega será a establecida polo centro. As indicacións son as seguintes:

O grao mínimo de adquisición é do 80%. Isto quere dicir, que para aprobar, hai que facer mínimo o 80% das actividades correctamente. Iso no boletín de forma xeral.

Todas as actividades deben estar ben completadas no seu 50% para conseguir aprobar.

As tarefas colectivas fainas individuais.

Se consegues aprobar este boletín tes a materia de segundo aprobada.

Solucionario semana pasada e felices vacacións!

Moi ben, miña benquerida rapazada!

Foi, sen dúbida algunha, un curso moi especial. Que non veñan moitos así...

Quero por tanto despedirme polo menos por palabras escritas, desexarvos boas vacacións e, se me vedes algún día por Laxe, non dubidedes en saudarme. Porque vós medrades e poida que non vos recoñeza, pero eu non medro máis.

Con isto e co solucionario, deséxovos un bo verán!

Tarefas semana do 15 ao 21 de xuño e solucionario

Moi ben.

Pois aquí andamos de novo. E sabendo que vai ser a última semana de curso con exercicios, aquí vos despido coas seguintes tarefas.

Non esquezades mirar os adxuntos!

1º ESO

1. Reforzamos a expresión dos gustos co exercicio 1 do adxunto.

2. Traballamos a comprensión lectora co exercicio 2 do adxunto.

3. Se te animas a ampliar, podes traballar o texto do exercicio 3.

2º ESO

1. Repasamos os meses co exercicio 1 do adxunto.

2. Traballamos un diálogo con preguntas relacionadas co visto en clase no exercicio 2 do adxunto.

3. Atréveste coas legumes e as verduras? Amplía co exercicio 3.

3º ESO

1. Repasamos o léxico da roupa co exercicio 1 do adxunto.

2. Traballamos o auxiliar être ou avoir cun exercicio en rede. Tes as indicacións no punto 2.

3. Ampliamos grazas ao exercicio 3 sobre os postres.

4º ESO

1. Repasamos o presente do indicativo co exercicio 1 do adxunto.

2. Traballamos a ortografía de certas expresións que se pronuncian igual co exercicio 2 do adxunto.

3. Atréveste a ampliar?Co exercicio 3 finalizamos de forma larpeira. Debes asociar e contestar.

Tarefas semana do 8 ao 14 de xuño e solucionario

Moi boas!

Que tal levades o traballo? Esta semana levades 8 adxuntos, pero non vos asustedes! Só tedes que buscar o voso curso e traballar con 2 dos documentos adxuntos. Un trata as solucións e o outro os exercicios en detalle.

A continuación podedes ler as tarefas que vos toca facer para esta vindeira semana. Espero as vosas imaxes, coma sempre, no meu mail lorena.andrade.lorenzo@edu.xunta.gal 

Boa finde!

 

1º ESO

1. Reforzamos os meses e a formación do feminino cos exercicios 1 e 2 do adxunto.

2. Traballamos os verbos e o diálogo co exercicio 3 e 4.

3. Ampliamos cun texto de comprensión escrita ( exercicio 5).

2º ESO

1. Reforzamos as preposicións e o léxico de compras cos exercicios 1 e 2 do adxunto.

2. Traballamos o futur proche e as preposicións co exercicio 3 e 4 do adxunto.

3. Ampliamos un pouco o noso vocabulario co exercicio 5.

3º ESO

1. Reforzamos o presente e fórmulas de sensacións cos exercicios 1 e 2 do adxunto.

2. Traballamos fórmulas de estado e o futuro simple co exercicio 3 e 4 do adxunto.

3. Ampliamos con palabras que pronuncian igual pero se escriben de forma diferente (exercicio 5).

4º ESO

1. Reforzamos o passé composé co exercicio en liña especificado no 1 do adxunto.

2. Traballamos expresión de momento cos exercicios 3 e 4 do adxunto.

3. Atréveste a ampliar co exercicio 4 diversas fórmulas do passé composé ?

Tarefas semana do 1 ao 7 de xuño e solucionario

Moi boas:

Estas son as tarefas desta vindeira semana. Tédelas especificadas tamén por cursos no adxunto. Non esquezades enviarmas por mail. E, coma sempre, levades un solucionario (4º ESO esta semana non ten solucionario).

Saudiños!

1º ESO

1. Reforzamos cos exercicios adxuntos 1, 2 e 3, o material escolar, os artigos e os días da semana.

2. Practicamos caligrafía e avanzamos copiando o cadro sobre o imperativo e o verbo avoir en negativa da páxina 47.

3. Se vos animades a ampliar, facedes os exercicios 4 e 5 adxuntos.

2º ESO

1. Reforzamos o determinante posesivo co exercicio 1 do adxunto.

2. Traballamos as indicacións de lugar co exercicio 2 do adxunto.

3. Ampliamos as preposicións de lugar co exercicio 6 da páxina 45.

3º ESO

1. Reforzamos a expresión da opinión co exercicio 1 do adxunto.

2. Traballamos vocabulario novo relacionando os pictogramas co contido das letras do exercicio 1 da páxina 55 do libro. Non necesitades audio.

3. Ampliamos facendo o exercicio 2 da páxina 55.

4º ESO

1. Reforzamos o léxico meteorolóxico co exercicio 1 do adxunto.

2. Traballamos un texto no exercicio 2.

3. Anímaste a ampliar? Busca na rede un texto ou unha canción en francés que conteña algunha das frases do cadro do exercicio 5 da páxina 47 do libro de texto.

Tarefas semana do 25 ao 31 de maio e solucionario

Moi boas.

Esta semana envíovos os adxuntos cuns títulos que vos poderán guiar. As tarefas van xuntas no mesmo documento. Só tedes que buscar o voso curso. Tamén tedes nas páxinas de inicio as tarefas postas por cursos. Os solucionarios xa vedes que van en documentos separados.

Espero que esteades ben e con ganas de traballar, porque vos animo estas últimas semanas de curso a facer as tarefas, que nunca restan.

Sempre en positivo!

Tarefas semana do 18 ao 24 de maio, solucionario e enquisa educativa

Moi boas, rapazas e rapaces!

Esta semana, levades dous tipos de documentos adxuntos, que non son máis ca unha repetición (dito ou exposto doutra forma) do que se colgou na páxina de inicio.

a) Por unha banda, un adxunto co solucionario das tarefas da semana pasada, no que tedes que buscar o voso curso. Aos que xa vos corrixín, igual non vos serve de moito, pero está aquí colgado por se o precisades.

b) Nun segundo tempo, adxúntovos as tarefas cunha enquisa nun pdf. A enquisa enviádesma en word ou directamente escrita no corpo do mail. Hay 4 documentos deste tipo, pero só tedes que buscar o correspondente ao voso curso.

Pois iso é todo. Ánimo e espero os vosos traballos coma sempre!

Distribuir contido


by Dr. Radut