Skip to Content

A semana pasada, uns rapaces e rapazas dun instituto de Ortigueira viñeron a ensinarnos un proxecto no que levan todo o curso traballando sobre Robótica. Os nosos nenos e nenas puideron coñecer diferentes robots como o Kuribot, Makey-Makey. Escornabot, etc.

OBRADOIROS INFANTIL EPRIMARIA OBRADOIROS SECUNDARIA

Este xoves realizamos unha saída para coñecer máis de preto o Cemiterio dos Ingleses e o faro de Cabo Vilán, ambos elementos relacionados coa traxedia do Serpent no ano 1890.

Se queredes acceder ao álbum, premede na foto.

 


XA ESTÁ DISPOÑIBLE APRESENTACIÓN DA CHARLA QUE IMPARTÍU ADRIÁN BRAÑAS O XOVES 24 DE MAIO 

AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA E DE 1º E 2º DE ESO. CREMOS QUE É DE INTERESE PARA TODA A COMUNIDADE 

EDUCATIVA. PREMENDO DA IMAXE ACCÉDESE Á PRESENTACIÓN.

 


Outra actividade que tivemos para celebrar o día das Letras Galegas foi unha pequena Animación á Lectura. Pinchando aquí tedes as fotos.


O pasado mércores pola tarde celebramos o Día das Letras Galegas homenaxeando a María Victoria Moreno cun proxecto de gamificación coñecido como Break out. Por equipos tiñan que atopar un sobre cunha poesía da autora que debían memorizar e un acertixo que debían resolver. Cando estiveran listos debían ir coa mestra gardián da caixa e recitar o poema e resolver o acertixo, así obterían un número para abrir un candado da caixa. Se trataba dunha actividade cooperativa, xa que se non se lograba un número non se podía abrir a caixa final. Como premio conseguiron unha entrada para ver en primicia un corto de animación feito polos nenos e nenas do cole "Un segredo no bosque" e unhas palomitas.


Hoxe tivemos a sorte de contar coa actuación do Teatro das avoas, que nos fixeron pasar un rato moi divertido.


Aquí tedes o enlace ao formulario para a avaliación. Grazas por participar, xa sabedes que a vosa opinión é moi importante.

https://goo.gl/forms/AQNXgpSHLzUsTtkx1

 


Onte as nenas e nenos de 3º e 4º de E.P. pasaron un bo rato escoitando á escritora María Canosa. Pinchando na imaxe tedes as fotos.


O luns 30 estivo no cole ,por invitación da ANPA, o mago Benxamín.Pinchado na foto verás todas as imaxes da xornada!



by Dr. Radut