Skip to Content

A andaina foi todo un ÉXITO!

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración. Pasamos unha mañá moi divretida coa vosa compañía. Xa podedes ver as fotos do evento pinchando no logo da actividade.

                                                                                 Resultado de imagen de la vuelta al cole carrera leucemia


O pasado sábado 15 de setembro recibimos o premio á mellor curtametraxe de educación especial, infantil e primaria no FICBUEU polo traballo realizado o curso pasado co conto "O segredo do bosque", no que participaron as alumnas e alumnos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.

Recolleron o premio os seguintes mestres: Berta Suárez, Fernando Pose e Laura Romero.

                 

Nos segiuntes enlaces pódese ver as notas de prensa:

- La voz de Galicia

- Faro de Vigo

 


A continuación deixámosvos o vídeo do festival de Fin de Curso 2017-2018.


NORABOA AO ALUMNADO QUE REMATA A ESO

ANAIR, ALEJANDRO, PAULA, LUCÍA, LARA, EUGENIA, ÁLVARO E MARCOS


O xoves as nenas e nenos de 3º a 6º visitaron o Dolmen de Dombate.


O pasado xoves as nenas e nenos de 1º e 2º viaxaron a Lugo ao zoo de Marcelle.


Este curso o alumnado de infantil, 1º,2º,3º e 4º de primaria, traballou no Plan Proxecta:

"Nós tamén creamos"

Resultado deste traballo, presentámosvos a curta: Un segredo do bosque.

(PREME na imaxe para ver a curta)

 

 

<--!break-->


O alumnado de 4º de ESO disfrutou,e moito, do 14 ao 18 de maio da súa viaxe final de etapa que esta vez tivo como destino Italia. Catro días intensos en Roma onde visitaron todos os lugares históricos de interés (Basílica de S. Pedro, Capela Sistina e Museos Vaticanos, Coliseo, Foro Romano e Palatino, Panteón, etc), disfrutaron das prazas e as súas fontes (Piazza Navona, Praza de España, Fontana de Trevi, Piazza del Popolo...), pasearon polas distintas zonas (Trastévere, Praza da República, Quirinal...).

E como Roma non era suficiente, había que visitar Florencia: el Duomo, el Ponte Vecchio, la Galería de los Uffizzi, el Palazzo Pitti, a Santa Croce coas tumbas de florentinos ilustres, os seus claustros cheos de currunchos con tesouros ocultos, historias dos Medici, Miguel Angel, Leonardo, Dante...todo absolutamente impresionante, para rematar nun momento supremo aos pes dun falso David disfrutando das mellores vistas da cidade no solpor, e con banda sonora incluída, todo un luxo!

E por se todo isto fose pouco, foi "aliñado" con deliciosos xeaos.

Menos mal que botaron moeda para volver!!

 


Apareceu a rifa premiada do Cofre do Tesouro.

Xa temos gañadores! Noraboa!



by Dr. Radut