ABERTO PRAZO PROBAS DE ACCESO CICLO MEDIO FORMACIÓN PROFESIONAL
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO
-
Prazo inscrición: do 13 ao 23 de marzo de 2017, ambos incluídos.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
-
En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional.
-
Via web na seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobasque estará activa durante o prazo de inscrición. Poderase cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
DATAS E HORARIOS DA PROBA:
*Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.
1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica:
-
Ás 9.00 horas: presentación.
-
Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
-
Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica
Calendario de probas de acceso a ciclos medios de Formación Profesional
Convocatoria 2017
Probas de acceso |
Datas |
Inscrición para a proba |
13-23 marzo
|
Publicación das listaxes provisionais |
6 abril
|
Reclamación contra as listaxes provisionais |
18-21 abril |
Publicación das listaxes definitivas |
16 maio
|
Publicación dos centros públicos onde se realizan as probas |
16 maio |
Celebración da proba |
31 maio
|
Publicación da listaxe de cualificacións provisionais |
12 xuño |
Reclamación contra a listaxe de cualificacións provisionais |
13-16 xuño |
Publicación da listaxe de cualificación definitivas |
23 xuño |
Entrega de certificados nos centros |
A partir do 26 xuño
|
Recursos contra as cualificacións definitivas das probas de acceso |
26 xuño-26 xullo |