Skip to Content

Actividades

III ROMARÍA DAS LETRAS

Benvidos á presentación do videoclip que resume as actividades realizadas durante a III Romaría das Letras no noso querido colexio!

Este evento, cheo de alegría, cultura e creatividade, foi unha celebración onde todos e todas nos unimos para render homenaxe as nosas letras e tradicións.

O toque especial, coma os anos anteriores, é a banda sonora do videoclip, unha canción, a cal é unha versión revoltosa de O Galo Canta, creada e interpretada por profesorado e alumnado do centro.

Esperamos que desfrutedes do videoclip tanto como nós desfrutamos creándoo e participando nesta marabillosa celebración.

Grazas por acompañarnos nesta xornada chea de letras, música e alegría!!!!!

 

QUERO O GALEGO

Presentamos nesta entrada, a canción interpretada por profesorado e alumnado do CPI As Revoltas para conmemorar o Día das Letras Galegas (2024). Trátase dunha versión Revoltosa da canción O galo canta. Temos que aprendela ben, pois xa está chegando o día da III Romaría das Letras, e nesa data, cantarémola todos e todas xuntos.

 

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO 2024: Cando o alumnado se converte en autor

Para o alumnado do CPI As Revoltas, este Día do Libro cobrou un significado especialmente creativo. Neste proxecto logrouse unir o traballo do alumnado, desde os máis pequenos de Educación Infantil ata os maiores de Educación Primaria, xuntos crearon un libro feito por eles mesmos.

Comezando polo alumnado de infantil, cada clase contribuiu ao libro engadindo a súa propia peza á historia, cada grupo ía collendo a responsabilidade de enriquecer o libro con novas historias, personaxes e demais. E así ata chegar ao alumnado de sexto, os cales tiveron a honra de poñer o punto e final a esta obra colectiva.

Preme no seguinte enlace e poderás acceder ao noso Audiolibro:

ENTREVISTA A MARÍA CANOSA

O xoves 4 de abril, no CPI As Revoltas, recibimos unha visita moi especial. María Canosa estivo no noso centro mantendo encontros co alumnado de cada ciclo de Educación Primaria. Os nenos e as nenas de 3º de EP non deixaron pasar esta ocasión e aproveitaron para facerlle unha marabillosa entrevista na nosa radio. Cantas cousas nos contou María nas Ondas Revoltas! Premede no seguinte vídeo para escoitar a entrevista:

 

 

 

 

 

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2024

Neste curso, 2023/2024, o Día Internacional da Muller, no CPI As Revoltas conmemorámolo cunha pequena homenaxe a 14 mulleres galegas que fixeron  historia: desde María Pita ata Sofía Casanova, pasando por Ángeles Alvariño ou Helena Villar. 

Cada curso escolleu unha muller galega e investigou e gravou un programa de radio sobre a súa traxectoria. Na seguinte presentación podedes escoitar os diferentes programas e aprender moito sobre estas pioneiras que nos foron abrindo o camiño cara á igualdade: 

 

DÍA DE ROSALÍA 2024

O 23 de febreiro celebramos no colexio o Día de Rosalía. Para homenaxear a nosa escritora máis emblemática, xuntámonos todos os cursos e recitamos, cantamos e incluso rapeamos os seus versos. 

Na seguinte presentación recóllense todas as actuacións desta marabillosa xornada:

 

 

Vídeo do Día da Paz 2024

Versión realizada polo alumnado do CPI As Revoltas da canción "No dudaría" de Antonio Flores, para a celebración do Día da Paz no curso 2023/2024. 

 

REGUEIFANDO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha xornada para denunciar a violencia que se segue a exercer en todo o mundo contra nenas, mozas e mulleres e tamén para reclamar medidas para erradicala.

Por este motivo, nas últimas semanas no CPI As Revoltas estivemos regueifando pola igualdade. Desde 4º de Infantil ata 4º ESO, todos os cursos crearon e cantaron coplas protestando contra a violencia e reclamando a igualdade.

 

Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar
by Dr. Radut