Skip to Content

Educación Física

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 23-24 _ RECREOS ACTIVOS

O proxecto de Vida Activa e Deportiva no CPI As Revoltas neste 23-24, foi deseñado polo departamento de Educación Física cun claro obxectivo, abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento , dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 

Na búsqueda de acadar este obxectivo , os recreos activos son unha das actividades que máis pode permitirnos dentro do horario lectivo influir no noso alumnado, xa que falamos de 200 minutos semanais , recordando que a carga horaria de Educación Física  nos 3º e 4º ESO  e de 100 minutos semanais, moi lonxe dos 60 minutos diarios que a OMS recomenda de actividade física moderada a vigorosa na poboación infantil-adolescente.

Así pois, recoñecendo a importancia dos recreos activos e despois duns primeiros mese de observación e análise da realidade ( deportes máis practicados, espazos e grupos de maior ocupación e demanda.. ) , e tras acabar as obras de reforma na fachada dos edificios,  deseñamos o seguinte cartel de organización e distribución semanal de actividades, buscando satisfacer demandas observadas amáis de introducir deportes novedosos, con enfoques coeducativos e favorecedores de inclusión.

 

Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar
by Dr. Radut