Skip to Content

RETOS DE PERCUSIÓN CORPORAL _ TRABALLO COOPERATIVO

RETOS DE PERCUSIÓN CORPORAL  - TRABALLO COOPERATIVO

 

Son coñecidas polos docentes de Educación Fíisca, as recomendacións da OMS de que os nenos e adolescentes deben realizar polo menos unha media de  60 minutos diarios de actividade física principalmente aeróbica, de intensidade moderada a vigorosa e limitar o tempo dedicado a actividades sedentarias como os videoxogos e tempo de lecer en pantallas. Na actualiadade , aproximadamente o 81% dos nenos adolescentes ( 11 -17 anos ) no mundo non o conseguen.En Espaá, concretmaento o informe Pasos da Gasol Foundantion en 2019. indican que as tendencias seguen a empeorar nos máis novos. Isto tradúcese en escolares mais sedentarios e cunha maior prevalenciade problemas de súde física, psicosocial e cognitiva.

 

Para afrontar isto, sabemos que as horas de educación física non son suficientes, e debemos trasladar máis alá do horario lectivo as prácticas motrices e incrementar así a carga de actividade física diaria. Dende o departamento de Educación Física promovemos extender máis alá do CPI os contidos da área, buscando a través da dinámica de aprendizaxe en retos principalmente a autosuperación e esforzo en retos motrices. 

 

Deste xeito , prantexamos a situación de aprendizaxe o meu corpo soa. Nela o alumnado debe aprender patróns rítmicos de percusión corporal de forma individual e que deberán ser evidenciados nun arquivo de vídeo. O enfoque solicita traballo cooperativo, xa que o alumnado debe asimilar e aprender individualmente os patróns rítmicos faciltiados nunha ficha,pero coordinarse cos compañeiros para superar o nivel proposto, posto que se supera grupalmente . Isto provoca que as clases de Educación Física, non sexan tempo suficiente para a práctica e demanden traballo motriz autónomo do alumno fora do horario lectivo , e dicir, no seu tempo de lecer.

 

Facilitamos enlace da situación de aprendizaxe amosando evidencias audiovisuais do traballo do alumnado ;

 

https://www.canva.com/design/DAGJ_tOuak0/STsebauLSg2nU1sMatvP7g/edit?utm_content=DAGJ_tOuak0&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton  



Punto Laranxa contra o acoso escolar
story | by Dr. Radut