Skip to Content

EXHIBICIÓN DE MALABARES _ APRENDIZAXE BASADA EN RETOS MOTRICES

AUTOCONSTRUCCIÓN DE BOLAS DE MALABARES E RETOS MOTRICES

 


Son coñecidas polos docentes de Educación Fíisca, as recomendacións da OMS de que os nenos e adolescentes deben realizar polo menos unha media de  60 minutos diarios de actividade física principalmente aeróbica, de intensidade moderada a vigorosa e limitar o tempo dedicado a actividades sedentarias como os videoxogos e tempo de lecer en pantallas. Na actualiadade , aproximadamente o 81% dos nenos adolescentes ( 11 -17 anos ) no mundo non o conseguen.En Espaá, concretmaento o informe Pasos da Gasol Foundantion en 2019. indican que as tendencias seguen a empeorar nos máis novos. Isto tradúcese en escolares mais sedentarios e cunha maior prevalenciade problemas de súde física, psicosocial e cognitiva.

 

Para afrontar isto, sabemos que as horas de educación física non son suficientes, e debemos trasladar máis alá do horario lectivo as prácticas motrices e incrementar así a carga de actividade física diaria. Dende o departamento de Educación Física promovemos extender máis alá do CPI os contidos da área, buscando a través da dinámica de aprendizaxe en retos principalmente a autosuperación e esforzo en retos motrices. 

 

Unha clave son a autoconstrucción de materiais, que permite que os alumnos dispoñen dos seus propios materiais de traballo e os extendan con máis facilidade o seu tempo de ocio e libre. Deste xeito, prantexamos retos de malabares ,  os cales o alumnado debe perfeccionar na clase , pero tamén fora do centro e do horario lectivo para poder asimilar as aprendizaxes e habilidades necesarias e que son requeridas nunha producción motriz , "As Revoltas Circus " , que terá como produto final un,ha exhibición de malabares ante o alumnado de infantil. 

 

A continuación , amosamos as bolas feitas polo alumnado de 1º de ESO , os retos prantexados e o espectáculo motriz que se deseñou por parte dun dos grupos. 

 

  

Compartimos un enlace a canva para visualizar exemplos dos retos motrices de malabares propostos e a producción final, a exhibición de malabares : 

https://www.canva.com/design/DAGJ_TXf-B4/DUsVjV69pJ1spExCe32q-g/edit?utm_content=DAGJ_TXf-B4&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton   



Punto Laranxa contra o acoso escolar
story | by Dr. Radut